Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

CAUTIVOS DO PROGRAMA ELECTORAL

ofalarnontencancelas 22-04-2009 GTM 1 @ 08:22

 

no300_243273.jpg

 

Vázquez continúa a enarborar a bandeira da liberdade de elección lingüística, como Feijóo o fixo durante a campaña electoral. "Nós entendemos que é unha situación complicada pero que evidentemente compartimos a voz da rúa, e de feito está no programa electoral porque nós cremos que non era lóxica a situación que se estaba dando. Nós entendemos que hai que darlles maior liberdade de elección aos pais, aos profesores e aos alumnos. Entendemos tamén que en Galicia hai dúas linguas oficiais e que a xente debe de poder opinar e elixir e que vai ser e así estaba no programa como un dos puntos fortes e por tanto levarase a cabo no tempo debido. Non vou falar nin dun mes, nin de dous, nin dun ano, aínda non temos polo de agora o equipo de traballo. É unha promesa electoral e ímola cumprir, por suposto", reitera.  GALICIA HOXE.

Van ser cautivos do seu programa electoral, estes "seudo defensores da liberdade" que queren derrogar o decreto da lingua baixo en defensa da libre elección da lingua na que os pais queremos que os nosos fillos se formen. Porque parece ser que o castelán corre perigo.

O meu fillo foi educado nunha escola unitaria rural en galego, foi baixar a cidade para facer a primaria e xa se fodeu todo, totalmente castelanizado ata hoxe que está na ESO (por certo na primaria galego impartíao unha Andaluza que non tiña moito idea da nosa lingua).

Sr Vázquez, xa que vai aplicar o aparheit lingüístico, espero e esixo, como pai que son e que quero tamén ter a liberdade de escoller, ao menos que os galegos falantes sexamos de segunda, que o meu fillo poida realizar toda a súa educación na lingua de Rosalía.

E se tan democrático e defensor da liberdade e Vostede e o Sr. Feijoo supoño que non poñeran problemas á miña petición, custe o que custe.

Pero moito me temo que o que esconden e coma sempre un desprezo pola nosa lingua, e agora dirán que a segregación en tempos de crise non procede porque sae moi caro. Iso si o decreto haino que derrogar e nestes momentos de crise creo que a lingua que se vai ter que sacrificar e o Galego...

Posto por MacLapfer

Comentarios(3) »

  1. Tutti

    Eu estou totalmente de acordo contigo, e penso que non podemos nin debemos permitir que fagan iso, pero tamén teño que engadir que eu non considero imposición do galego porque o que establece este decreto é que a metade de materias se impartan en castelán e a outra metade en galego, para min iso non e imposición senón igualdade, pero claro debo estar eu confundido e os do PP deben ter razón. Un saúdo.

    23-04-2009 - 15:52:52 GMT 1

  2. MacLapfer

    un saúdo e grazas pola visita

    24-04-2009 - 10:43:28 GMT 1

  3. An

    Moi certo, non queda máis que engadir. Saúdos e apertas.

    24-04-2009 - 21:39:41 GMT 1

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>