Evo Morales
ofalarnontencancelas @ 13:07

Evo Morales parou a folga de fame o martes pola mañá despois de que obtivo do congreso a confirmación de aceptar a nova lei electoral, que vai rexir os escrutinios presidenciais e lexislativos do 6 de decembro. Evo empezou como ben sabedes a folga o xoves en compañía de 14 dirixentes sindicais próximos ao poder, para presionar ao parlamento.
Despois de nove horas de debate e duras negociacións, os parlamentarios das dúas cámaras, reunidos no congreso adoptaron o compromiso de crear un novo rexistro electoral actualizado e biométrico, con pegadas dixitais, que se usarán nas próximas eleccións de decembro e no escrutinio de abril do 2010 destinado a renovar os gobernadores.
Dito rexistro foi unha demanda da dereita que está na oposición, que é maioritaria no senado pero que está en minoría no congreso, que xulgaba o rexistro actual viciado de irregularidades e que quer garantir transpariencia. Esta medida terá un custe de 26 millóns de euros, que terá que ser financiado sobre un orzamento que estaba destinado a mercar un avión para o presidente.
Pero a nova lei tamén vai permitir organizar o voto dos cidadáns/ás de Bolivia do estranxeiro e acorda sete escanos reservados aos representantes dos pobos indíxenas, dous puntos que foron cruciais na negociación.
2000 persoas ao través de todo o país estaban dispostas a unirse á folga co presidente. Pero non fixo falta. Evo Morales declarou: "Co apoio do pobo, é posíbel de parar a eses pequenos grupos que pasan o tempo a causar perxuizos ao congreso". Todas as enquisas indican que o presidente é favorito á reelección.
Parecíame interesante compartir esta información sobre Evo mais que nada porque xeralmente soen dar unha imaxe bastante pexorativa deste lider político sudamericano, propiciado sobre todo pola dereita mediatica.
Posto por MacLapfer

Chúzao
del.icio.us



Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario