Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

CUMIO G 20

ofalarnontencancelas @ 12:44

 

images71.jpg

 

Se nos grandes cumios internacionais normalmente non se saca nada en limpo, parece ser que o último cumio do G20 non foi así . Mais aló do balance positivo, polas impresións inquietantes sobre o devenir e os silenzos reveladores dos contrincantes políticos obrigan a unha lectura en profundidade da declaración final. Tres asuntos quedaron practicamente ausente do cumio: o relanzamento fiscal, o saneamento dos sistemas financeiros e a reforma do goberno mundial.

O cumio amosou que é mais doado coordinarse a nivel mundial sobre un enorme plano de relanzamento por creación monetaria que sobre un plano de relanzamento fiscal. Como os paises,en particular os europeos, rexeitaron un relanzamento que mermara os orzamentos das contas dos estados, pediron ao FMI, ao Banco Mundial e aos diferentes bancos rexionais de desenvolvemento un relanzamento "fora dos orzamentos" para a creación de liquidez. Dita liquidez serán benvidas para os paises emerxentes que viron o acceso aos mercados financeiros fecharse dende o autono pasado. Isto non quita que os países europeos (Alemaña en cabeza) dixeran non a un plano de relanzamento fiscal coordinado porque esperan que os outros (Estados Unidos, China e Xapón) o faga no seu lugar. Polo que probabelmente se perdese unha oportunidade de ouro pra facer un grande plano de relanzamento fiscal coordinado.

En canto ao saneamento dos sistemas financeiros, a declaración do G20 non é mais cunha curta lista de boas intencións. Nembargantes, sen a posta en marcha realista do sistema financeiro mundial, non se poderá contar que o crecemento sexa proxímo. O G20 debería poñerse as pilas neste asunto xa que a saúde dos bancos dun país terá o impacto noutro. O membro mais importante do G20, Estados Unidos, decidiu xusto antes do cumio realizar o plano "Geithner" que evita limpar o sistema financeiro e deixa aos bancos transformarse no que os ianquis chaman "zombis": escóndese o feito de que  un banco sexa insolvente, e se deixa que funcione, pero xa non son verdadeiros bancos xa que xa non dan créditos nin as empresas nin as familias. De repente, cambian as súas regras contábeis para esconder os seus verdadeiros balances e orzamentos. Todo para evitar a nacionalización, por ideoloxía anglosaxona, os ianquis decidiron sobrepagar os activos tóxicos dos bancos coas subvencións públicas. Négase a realidade e faise unha enorme transferencia aos banqueiros que dende logo dende o meu punto de vista non o merecen en absoluto.

Os Europeos tampouco queren ver a realidade de frente. Nembargantes, os investimentos dos seus bancos en Europa do Este están a crear riscos inmensos e mal calibrados. Moitas veces se dixo que o cumio marcaba unha vitoria do FMI. pero, este, ao través da boca de Dominique Strauss-Kahn, insistiu moito, sobre a importancia para os gobernos de controlar seriamente e colectivamente os balances dos bancos.  Rol que non se está a cumprir. O silenzo do G20 sobre este asunto amosa que limpar o sistema bancanrio nacional require decisións e orzamentos que serán máis difíciles para os gobernos que pedir ao FMI de crear liquidez.

Non hai nada concreto tampouco sobre o goberno das institucións financeiras internacionais (FMI , BM) e a superrepresentación dos países ricos (particularmente europeos). Ningunha concesión sobre esta cuestión aos países emerxentes ou en vía de desenvolvemento. Vaise seguir a prestarlles moitos cartos pero non lles damos peso. A relación practicamente non cambiou nada.

Este cumio enterra o consenso de Washington, en canto á esixencia de austeridade fiscal en plena recesión. Pero sobre todo porque os países ricos tiñan medo que este consenso se lles revirara contra eles nesta situación actual.

En definitiva creo que este cumio non se atreveu a abordar o problema con realismo e sensatez e simplemente seguen a negar a realidade e a pór parches no lugar de planificar un cambio de modelo radical ademáis con estas políticas  pódese establecer unha relación de rencor entre os países ricos e emerxentes.

Posto por MacLapfer

Chúzao | del.icio.us

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>