Por bo camiño?
ofalarnontencancelas @ 08:09
Lin hoxe na nosa terra que o BNG vai concurrir con ERC ARALAR e EA nas próximas eleccións europeas.
Moita xente critica esta opción dicindo que da unha visión do BNG radicalizada e alonxada do centro nacionalista e que isto lle vai producir máis problemas que beneficios.
Persoalmente, dende a miña humilde opinión, estas alianzas son máis naturais que as que seguiamos a manter con CIU , tanto ideolóxicamente como na praxe política (aínda que nesta lexislatura nos achegaramos a praxe política destes últimos). Ademáis sería importante dicer que parte de CIU non nos queren, porque goste decilo ou non pero UDC é de dereitas compartindo moitos puntos programáticos co PARTIDO POPULAR.
En definitiva, góstame este cambio de socios, socios que a min persoalmente sempre me pareceron os maís coherentes para acudir a Europa e espero que o sigan sendo, isto faime ver unha pequena luz ao final do túnel do BNG que me fai pensar que imos polo bo camiño. Se ademáis na Asemblea de maio se decide a volta ao asemblearismo, daría por concluída o proceso de Refundación e me recuperarían como votante.
Posto por MacLapfer

Chúzao
del.icio.us



Un Comentario »
Interesante, agardo que grazas a isto acade bos resultados. Saúdos e apertas.
Deixar un Comentario