Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

REFUNDACIÓN DO BNG

ofalarnontencancelas @ 08:29

untitled1.bmp

 

 

 

 

 

Refundación do BNG?

 

Todos/as nos dimos por enterados dimitiron no BNG, e van facer unha asemblea en maio para ver quen dirixe a organización a partires de entón. Ate aquí todo me pareceu que todo ía polo bo camiño sobre todo  cando vexo que todo o mundo está  de acordo e satisfeito.

 

 Pero a medida que ían pasando os minutos a miña satisfacción ía reducíndose porque hai algunhas cousas que aínda non  rematan de  convencerme; primeiro que a asemblea de maio seguirá sendo unha asemblea por delegados, ampliada iso si (parece ser para satisfacer aos críticos), pero por delegados ao fin e ao cabo 1 por cada 4 militantes. Argumentan que por non sei por que problemas non se pode volver ao asemblearismo. Ademáis, non existiu parece ser, polo que se di por alí unha fonda autocrítica das accións de goberno realizadas estes catro anos, incluso teño ouvido na radio certa satisfacción e autocomplacencia polo traballo realizado (tema consorcio por exemplo) por parte dalgún membro da executiva saínte ao respecto .

 

Teremos que esperar a ver o que pasa, pero dáme a sensación de que onte o que se pactou foi un novo reparto de poder na organización para elaborar outra lista conxunta onde todo o mundo quede satisfeitos e a voten os delegados/as, espero e desexo sinceiramente estar errado, e espero que se isto fose así que nin Camilo Nogueira nin  os membros de Encontro Irmandiño   me defrauden e  pasen polo aro deste reparto sen loitar pola volta do Asemblearismo e da Democracia participativa na organización, porque isto sería fechar a crise en falso.

 

O BNG, debe REFUNDARSE honestamente  nunha organización ASEMBLEARIA onde teñan prioridade as mulleres e os homes da organización frente aos grupos e partidos que podan existir na mesma. UNHA MULLER, UN HOME UN VOTO. Esta é a única solución e a filosofía da que nunca se tivo que afastar a organización.

 

Finalmente  quero amosar o meu respecto por Movemento pola Base, aínda que non comparto a súa liña política, pola decisión valente e delicada que tomaron esta fin de semana, decisión que espero tomen nota os críticos que quedan no BNG se a crise se fecha en falso e se converte isto nun volver a empezar a farsa de sempre.

 

Posto por MacLapfer.

Chúzao | del.icio.us

Comentarios(2) »

#1

Ves por que non gosto da política? Saúdos e apertas

#2

Independentemente nos goste ou non a política por desgraza aféctanos. Grazas por visitarnos

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>