Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Volvemos á caridade

ofalarnontencancelas @ 09:25

images69.jpg 

 

Feijoo di que vai privatizar os Servizos Sociais, todos sabemos o que isto significa, a volta á caridade cristiá.

Os nosos anciáns coidados polas monxiñas da caridade, e polas fundacións tipo San Rosendo, meu Deus (nunca mellor dito), onde as persoas maiores están coidados por persoal non profesionalizado (sin titulación adecuada) e explotado (dobrando turnos e mal pagadas).

Vou dicir unha cousa que non lles vai gostar a moitos, pero parte da culpa disto a tivo Vicepresidencia do bipartito, se no lugar de facer un consorcio, unha administración paralela, tivera creado un servizo cunha estrutura xurídica similar á do SERGAS, pero de servizos sociais universais que dependese directamente da consellería de Servizos Sociais para toda a cidadanía galega (independentemente da cor política), ao mellor isto era máis complexo desmantelalo.

En fin agora "Marica non chores" que xa é demasiado tarde.

Gozará Galiza algún día dun Estado de Benestar?

Posto por MacLapfer

 

 

Chúzao | del.icio.us

Un Comentario »

#1

pois que queres que che diga...tes razón, o problema é que logo isto, entre quen entre, vaise converter nun mal case endemico...por dicilo dalgún xeito. Saúdos e apertas

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>