AGORA TOCA GOBERNAR AXENTE 009
ofalarnontencancelas @ 13:45

Creo que non se esperaba o axente 009 gobernar a Junta/Xunta de Galicia, e agora ven a realidade. A primeira que non vai ser moi doado cumprir co programa electoral de Galicia Bilingüe máis que nada, porque moita xente imos pedir a educación en Galego para os nosos fillos.
Se os fillos de Galicia Bilingüe teñen dereito á educación exclusiva das materias en castelán, pois os galegos falantes queremos ter a educación en exclusiva das materias en galego. Porque tiña entendido que o axente 009 e Galicia Bilingüe non ían contra ningún idioma senón que defendían o dereito a escoller, espero que a min se me permita usar dito dereito, xa que o axente 009 vai ser o presidente de todos/as os/as galegos/as. Pero claro isto da segregación sae caro, verdade axente 009 e incompatíbel coa política de austeridade.
Falando de golpes de efecto, de que me serve a min axente 009 que merques o modelo citroen do pequeno Sarko-Napoleón, se está fabricado en Franza, vale 60.000 euros mais os gastos de blindalo que rondarán os 200.000 euros, ou sexa 260.000 euros máis que teremos que pagar os galegos/as sobre os xa gastados no audi de Touri (porque iso de que o vas vender, haberá que velo), ou sexa un total 740.000 euros que imos pagar en plena crise. Canta demagoxia, non sería máis útil non mercar nada ata que conseguiras vender o de Touri.
Por último, é certo gañou a dereita en Galiza, pero que tipo de política económica pensa facer o axente 009, pensa usar as receitas obsoletas do neoliberalismo, abaratamento do despido, baixada de impostos, flexibilizar o mercado laboral... ben que o faga, pero os seus compañeiros da dereita occidental están a facer política intervencionista e Bruxelas está a pedir que se paguen máis prestacións por desemprego. Se o axente 009 vai facer política neoliberal ao mellor todo lle estoupa na cara. Porque goberne quen goberne non vai solucionar a coxuntura con receitas neoliberais.
Así que ao mellor o axente 009 ten que facer políticas de esquerdas, vaia paradoxa verdade axente 009.
Posto por MacLapfer

Chúzao
del.icio.us



Comentarios(2) »
Estou totalmente de acordo ademáis que o que pretende facer coa lingua é volver ao bilingüismo armónico, isto é, que se potencia ás dúas linguas por igual partindo de que as dúas están a un mesmo nivel, cousa que non pasa, por moito que diga que o castelán se atopa marxinado en Galicia. E hoxe mesmo di que vai a construír un viaducto sobre a ría de Noia cando os expertos en impactos ambientais o desaconsellan, pero como todos sabemos Feijoo sabe moito máis.
Un saudiño a todos.
Un saúdo Tutti e grazas polo teu comentario. Veñen malos tempos pero a mesa está a organizar unha manifestación pola lingua en Compostela teremos que ir.
Deixar un Comentario