MAQUIAVELO DO QUINIGÁ
ofalarnontencancelas @ 12:39 

Hai xente que me di que vai votar a ao BNG a pesar do seu comportamento caciquil, clientelar e antidemocrático, resultado do pragmatismo maquiavélico que están a desenvolver ata a máxima potencia. Os seus argumentos son que "prefiro ser gobernados polos corruptos de eiquí que polos de fóra".
Tamén argumentan que se o BNG perde poder no parlamento teríamos un estatuto de merda alonxado das expectativas de estatuto de nación, ademais de ter un grande retroceso no tema da lingua.
Esas mesmas persoas me din que antepoñen os supostos obxectivos nacionalistas aos valores democráticos, xa que a fin xustifica os medios sexan cales sexan estes, argumentándoo con frases como "Galiza necesita tanto dun nacionalismo", Galiza non pode perder outro tren. (Por iso agora se collen iates).
Soamente concordo nunha cousa, Galiza necesita dos valores que ao longo de toda a nosa historia defendeu o nacionalismo, valores por certo traicionados polo BNG actual, fraco favor están a facer ao Nacionalismo e a Galiza con este tipo de comportamentos, reforzando a indefensión aprendida deste pobo, que repite ata a saciedade que non se pode facer nada, goberne quen goberne todos/as son iguais.
Grazas ao QUINIUPEGÁ, vainos custar limpar a imaxe que se ten do nacionalismo galego, unha imaxe caciquil e clientelar. Todo polo afán de manter o poder a calquera prezo. Cando ao longo do traballo de moitos anos o Nacionalismo galego e o BNG conseguiran unha imaxe impolupta de ética, traballo e compromiso co país, podías estar ou non de acordo co ideario do BNG, pero existía certo respecto cara os/as membros da organización.
As veces é mellor retroceder para coller mais folgos e saltar mellor os obstáculos cara a nación galega que intentar cruzalos con métodos máis propios de valores anti democráticos, porque podes correr o risco de caer no abismo e enlamarte no mesmo esterco no que xa se refregan os porcos de sempre. Quizais sexa bo para Galiza que o Nacionalismo se Refunda, coas mulleres e os homes deste país que aínda cren que outro xeito de facer política é posíbel, homes e mulleres sen medo á democracia participativa apostando polo asemblearismo, por unha cidadanía activa que non sexa tratada como menor de idade ou ultraxada como se fose estúpida, que loite na rúa por un modelo económico sostíbel e en defensa da xustiza social, iso si sen abandeirar a ditadura do proletariado (eu sempre desconfiei das vangardas que dirixen todo para o pobo pero sen o pobo).Dende este blogue que pouca xente le, pero que me serve para desfogar as miñas inquedanzas, so espero que algún día esa Refundación do Nacionalismo Democrático ocorra para poder abandoar esta orfandade política na que me deixou este BNG.
Posto por MacLapfer.

Chúzao
del.icio.us



Comentarios(4) »
Pois dame a min que estiveches atinado no diagnóstico...
A ver se aprenderan.
Concordo con todo o que dis. Case chegaron a facer as cacicadas do Faraón Fraga. O clientelismo foi unha copia dos FragaBoys, pero en plan moi basto. Para ser cacique nesta terra hai que ser de cuna, aínda que cada galego leva dentro do corpo agochapado un cacique. Iso é o problema deste anaco de terra.
O BNG caciquil, clientelar e antidemocrático? Em que se basea tal afirmaçom?
Supoño que tes razón Sarampelo esas atitudes están moi mergulladas no subconsciente colectivo.
En canto a Outro, antidemocrático en actitudes diversas pero a mais sangrante o feito de retirar o voto ao militante nas asembleas nacionais, para facelo a través de delegados, clientelismo nas contratacións de persoal e de empresas por exemplo, caciquís carretando vellos a mitins e pedindo o voto a saída da misa por exemplo, clientelar creando unha administración paralela por exemplo.... En fín podería seguir pero te remito aos distintos postos que ao longo destes anos fun escribindo no meu blogue.
Deixar un Comentario