Temos que loitar polo cambio de modelo.

Cara a que modelo imos agora?
Teño a sensación de que non hai moito interese en falar doutro modelo fóra do ámbito “altermundista”, os cafres que levaron este planeta a unha situación de kaos con moito esforzo intentan quentarnos as orellas prometendo que van ser bos, con frases bonitas como a da refundación do capitalismo ou de que ten que haber máis control dos paraísos fiscais.... mentres chupan todos do bote, canto carto público poden chupar, cartos dos orzamentos de todos e todas, os/as que traballan nas súas organizacións multinacionais por salarios miserentos, dos/as que se quedaron en situación de desemprego por unha ERE, dos/as que a duras penas chegan ao final de mes porque a propia banca os está aforcando .... dos/as que en definitiva de xeito honrado traemos o pan á casa. Nós pagamos a factura, aos mesmos que durante tantos anos nos dixeron que outro mundo non era posíbel, que isto era a lei da selva, que estabamos evolucionando seguindo un patrón de Darwinismo social no que cada un tiña o que se merecía, no que un duro vendías un duro valías, e na que o Estado non tiña que regular nada porque o libre mercado o regula e soluciona todo.
Esta tolemia chegou a un punto tan esquizofrénico na que un ser Social Demócrata (pero os de verdade, non os que se fan chamar social demócratas e son liberais) era un ser radical, iluso e utópico. Polo que a maioría das organizacións Social Demócratas do mundo occidental tomaron nota e foron traidores ao seu propio ideario. Todo o mundo era xa LIBERAL, ou seudoliberal (TERCEIRA VÍA, SOCIALIBERAL...) e o que é peor a todo o mundo se lle fixo crer que era de clase media, e se non o era estaba a piques de selo. A súa vez as forzas á esquerda da socialdemocracia quedaron relegadas ao ostracismo porque eran uns iluminados, ían en contra corrente, ían contra o déficit público...GASTO SOCIAL que atraso. Canto menos estado mellor. Se gastas nos máis febles non deixas medrar aos demáis, ou sexa á clase media.Pero agora o gasto é enorme, un gasto que á cidadanía se lle escapa ( unha das razóns porque lles ocultan a información) para salvar a banca, as multinacionais, aos especuladores, para salvar como din eles o sistema, QUE SISTEMA? o que fai que pouco menos de 300 persoas aglutinen a riqueza de 3000 millóns de almas do planeta, ou sexa o 50%, este sistema é o que temos que salvar.
A cidadanía ten que estar alerta, porque no momento que podan van intentar manter este sistema, e intentará que esquezamos que fomos o eslavón máis feble do mesmo que lles salvou o cu. E volverán ás mensaxes LIBERAIS de que hai que conter o gasto público, que non hai que invertir en servizos sociais, sanidade, educación pública.... Se lles deixamos volverán as andadas. Non están para nada interesados en cambiar de modelo, esas 300 persoas non o van a permitir a que lles reduzan os seus previlexios, e os seus secuaces xa están a dicilo abertamente, o capitalismo NIN TOCALO!!!. (BUSH, AZNAR, MERKEL, KLAUS....). A cidadanía ten que participar de xeito activo, manifestarse, esixir que os distintos gobernos lles renda contas a eles e non á banca. Teñen que esixirlles que empecen a gobernar para a cidadanía e non para os poderes económicos, teñen que facer POLÍTICA con maiúscula.
Vai sendo hora que os estados xestionen o poder da cidadanía, sexan fortes e democráticos. Estados fortes que corrixan as desigualdades do mercado e interveña abertamente sen complexos cando un poder económico incumpre cos dereitos sociais en particular e humanos en xeral. Uns estados que teñan como valores centrais os do HUMANISMO e o respecto polo entorno. Pero insisto creo que polas boas non van cambiar de modelo, imos ter que loitar nas rúas para conseguir o cambio, esta é a oportunidade, como di a canción IT´S NOW OR NEVER.
Posto por MacLapfer.





sarampelo —
Chapeu, é un analise político perfecto. Nembargantes o sistema para desgracia de nós que somos a maioría, non vai trocar, mentres non esté tódolos engranaxes económicos nacionalizados, un banco estatal que controle ao capitalismo salvaxe e avaricioso, unha empresa enerxética estatal: alta tensión,combustible e gas, tratar de non fomentar moito máis a medicina privada e un control da educación en beneficio da maioría.Se lle deixamos outra vez ao raposo no galiñeiro, remataremos outra vez sen galiñas e ovos, e a próxima recesión será irrecuperable xa que teremos unha chea de recesións: valores,económica,medio ambiental e enerxética.
O que xamais logro entender, cando acaben con todo neste planeta, estes salvaxes do capitalismo inhumano, onde poderán disfrutar do seu diñeiro acumulado, na Lúa ou en Marte.
21-01-2009 - 22:37:15 GMT 1