XENOCIDIO OCCIDENTAL
Un tercio das vítimas menores de 16 anos.
Preto dun tercio dos 689 Palestinos asasinados polo exército israelí na ofensiva contra HAMAS, son nenos e adolescentes menores de 16 anos, segundo os servizos de urxencias Palestinos.
Asasinados, un total de 220 xoves polas balas xudeas dende o 27 de decembro,segundo Mouawiya Hassanein, Xefe do servizo de Urxencias.
A proporción das vítimas civís aumentou intensamente dende a ofensiva terrestre, o 3 de xaneiro, xa que os combates se desenvolven nas zonas habitadas.
Por outra banda, a organizacióin internacional Save the Children expresou a súa preocuación polo aumento na cantidade de nenos que en conxunto coas súas familias deben forzosamente fuxir dos bombardeos e dos seus fogares.
O pasasdo martes, 43 persoas foron ASASINADAS e maís de 100 feridos nun ataque israelí contra a escola da ONU, no norte da franxa de GAZA.
Para xustificarse o exército DE ISRAEL afirma que o fixo para contestar a uns cohetes que proviñan desas escolas, cando a propia ONU o desmentíu.
Non quero continuar porque me poño de moi mal humor.
É unha vergoña, que no mundo occidental do que tantos son fachendosos, ninguén teña a autonomía moral de pararlle os pés a esta política xenocida de ISRAEL, que tristemente o "impresentábel" de Chávez sexa o único que tivo a valentía de tomar unha medida coherente como expulsar ao embaixador de Israel.
E eu me pergunto, realmente pensa Israel que por esta vía vai a solucionar o problema de Oriente medio, pensa realmente Occidente que así van a paralizar a radicalización do mundo musulmán. Se realmente o pensan, e que teñen un grande problema de capacidade, e estamos gobernados por "incapaces".
Posto por MacLapfer.





An —
no pienso seguir comentando esta atrocidad...me repitiria demasiado y solo me enfadaría más...me remito a todo lo que ya e escrito..por ejemplo el chiste de mel.Saúdos e apertas
08-01-2009 - 15:41:13 GMT 1
Ninsesabe —
Eu no obstante creo que saben perfectamente o que fan, e saben que así non se acabará a violencia, e saben que esto radicalizará as posturas.
E penso que iso é o que buscan.
Dijo eu.
¿Ou non?
15-01-2009 - 18:45:19 GMT 1