"Facer que todo cambie para que todo siga igual"
ofalarnontencancelas @ 09:48

Isto é inconcebíbel o "King" Quin gastando orzamentos en publicidade para o tema de exclusión social nas vallas das paradas dos buses das principais cidades galegas cunha foto dun/ha hipotético/a excluído/a co eslogan "hoxe é el/a mañá podes ser ti" (esta publicidade é carísima), e despois me entero que segue a dar cartos a entidades relixiosas para que sigan a facer caridade cos máis vulnerábeis da sociedade nos comedores económicos e albergues.
Unha vergoña Sr Quin. O que ten que facer é deixar de malgastar os orzamentos facendo publicidade institucional e seguindo a manter ordes relixiosas.
O normal nunha sociedade democrática, laica e digna sería crear albergues públicos nas grandes cidades galegas para que os sen teitos teñan a oportunidade de asearse, durmir ao quente e axudalos a conseguir un emprego protexido, dándolle recursos para que teñan sensación de control sobre a súa propia vida.
Temos que fuxir así da indefensión adquirida reforzada ao longo de moitos anos con malas políticas asistenciais e de caridade.
Non é de recibo que se teña que aturar a cambio dun plato quente ningún dogma relixioso nin a indigna caridade que contribúe a distruír aínda máis a estes cidadáns/ás.
Posto por MacLapfer

Chúzao
del.icio.us



Un Comentario »
Talmente o que dis, pero polo que se ve, costanos moito sair da rutina na que nos meteron fai seculos
Deixar un Comentario