O soño cumpriuse?
ofalarnontencancelas @ 16:56Noraboa EEUU, por fin parece que o pobo norteamericano madurou, ou polo menos parte del. (A américa profunda segue en pañáis, Nebraska, Texas, as dúas Dakotas....)
É posíbel que OBAMA decepcione co tempo, porque o sistema está putrefacto, Washington está putrefacto, e despois de tanta financiación recaudada deberá moitos favores que lle van coartar a liberdade de acción en cada un dos temas prometidos no programa electoral.
Pero non é menos certo tamén que o mero feito de que o pobo Norte Americano vote de xeito masivo a unha persoa de cor, co nome de Barack Husein Obama, cun programa máis social do habitual para ser Estados Unidos, amosa un gran desexo de cambio, despois de tantos anos de padecemento da cidadanía máis modesta desta nación (máis de dez anos), agudizado agora pola crise destes últimos meses. Polo que sería convinte que os futuros colaboradores da casa blanca o teñan en conta, non xoguen coa esperanza de tantos millóns de persoas e polo menos se atrevan a cumprir cunha parte do programa electoral coa marxe de manobra que lles quede e facer dos Estados Unidos un país maís habitábel, democrático e humano.
Por iso poño este video en homenaxe dunha persoa que no seu día tivo un soño, ao mellor empezou a cumprirse, quen sabe.

Chúzao
del.icio.us



Un Comentario »
Hola, soy el webmaster del sitio www.zjuegos.com. He visitado el blog y me gustó mucho, me interesaría tener un enlace a http://www.zjuegos.com en la sección de enlaces. Te agradezco me informes si esto es posible.
Saludos
Marcos.
Deixar un Comentario