ADEUS METAMORFOSE
ofalarnontencancelas @ 13:16

Teño moita tristura e realmente síntome orfo politicamente, as últimas asembleas do BNG para votar as listas de delegados para apoiar ao "King" Quin foron para min o punto e final de complicidade coa organización despois de tantos anos de convivencia, media vida, pero non podo convivir máis co resultado desa metamorfose na que se convertiu a organización, onde no nome de non sei moi ben que, algúns din pragmatismo, outros real politik... , adquiriron actitudes moito máis propias do seu peor inimigo, as veces nos meus peores pesadelos dábame a sensación de estar convivindo co sector "Cuiñista do PP" ou o que é peor cos "Baltares de Ourense", en fin "Cousas da vida".
Todo vai de marabilla, todo está ben; a administración paralela, a cidade da cultura, a precariedade laboral na administración, o clientelismo... todo está ben feito, o servilismo da organización ao poder ata o punto de reducir a democracia (nunca entenderei como un militante dunha organización vota a favor de que lle quiten dereitos de participación democrática, NUNCA).
Se Castelao levantara a testa, meu pobre.
Espero non estar orfo moito tempo, haberá que partires de cero, unha vez mais, con xente sen medo a ser DEMÓCRATA, sen medo a facer país, sen medo a ser de ESQUERDAS (e non de centro), volva a iniciar a aventura, co espíritu no que se iniciou o BNG nos oitenta. Que se crea unha nova organización na que nas proprias siglas leve a verba Asembleario, e que nos estatutos diga abertamente que nunca, NUNCA, se poda propor a militancia votar unha redución de participación democrática.
Se un día este soño se cumpre,
eiquí me tendes.
Posto por MacLapfer.

Chúzao
del.icio.us



Un Comentario »
Comparto a túa tristura e a orfandade, cada vez estou máis desencantada.
Deixar un Comentario