Malos tempos para Galiza
ofalarnontencancelas @ 09:25

Corre o rumor que o PSdeG (que por certo seguirá sendo unha franquía do PSOE ao non ter valor en crear un PSG con estatutos proprios) quer adiantar as eleccións no outono. Moitos poden pensar "que mais ten" pero eu ando un pouco preocupado por varios motivos porque adiantan a este exercicio os gastos que supón para os orzamentos públicos unha campaña electoral, o cal vai ao peto de todos e en plena crise, todo pola interese de afianzarse no poder antes de que a crise, si a crise que non queren nomear, lles pase factura. Ademáis unha vez que se consiga revalidar o goberno da Xunta o PSOE ten canto antes vía libre para ningunear a Galiza (para que esperar a marzo do 2.009), porque se unha cousa teño moi clara é que a crise vai se empregar para pasar unha vez máis de NÓS.
Temos que ter en conta, que por moito que nolo queira vender Quin Quin, os dous escanos de BNG en Madrid non son suficientes para exercer presión a ZP, e que os acordos de goberno serán o máis probábel con CIU, e xa sabemos o que significa isto. Unha política de centro dereita que esquece a Galiza.
Coa outra franquía (PPdeG) so perderían o poder, xa que ningunear nos ningunearían con maior alegría ao perder ao goberno "amigo".
Polo que creo que sexan os que sexan os resultados electorais dame a mín que veñen malos tempos para Galiza.
Posto por MacLapfer

Chúzao
del.icio.us



Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario