Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

ACORDO SOBOR DO CLIMA?

ofalarnontencancelas @ 09:27

 

 images59.jpg

"A comunidade internacional non pode escapar das súas responsabilidades" xura a alemana Merkel...."Xa pasamos a un nivel sen volta atrais, un verdadeiro progreso", nos vende o Petit Napoleón Sarko.

Unha vez máis un novo acordo histórico sobor do clima do G8  asinado no Xapón, para ser sinceiros pasiños de bebé dados polo xigantes económicos. O G8 chegan á conclusión de que convén adoptar coma obxectivo a redución de polo menos un 50%, de aquí ao 2050,  das emisións mundiais de CO2, responsábeis de quentamento climático. Estes berros xa se deron no pasado e non levaron a ningures.

Unha cumbre patética, falan do 2.050, eu daquela tería 82 anos, a moi longo prazo, pero non falan nada de reducir o efecto invernadeiro de aquí ao 2.020, ningunha referencia. Por riba os países máis ricos se negan a servir de exemplo esixindo aos pobres ou en vía de desenvolvemento a cumprilo escrupulosamente.

Greenpeace lamenta este comportamento e di que este acordo non vai impedir o caos climático. Oxfam di que a este ritmo no 2.050 a terra xa estará cocida, WWF clasifca de "patético" a persistencia do G8 de esquivar a súa responsabilidade histórica. Temos que ter en conta que os países do G8 emiten eles sos un 80% das emisións.

Vai sendo hora que dean exemplo.

Posto por MacLapfer

Chúzao | del.icio.us

Un Comentario »

#1

E tanto que ven sendo hora de que dean exemplo.Máis aínda cando esixen a todos os demais, como ben dis,pero dáme a min, que alguén con uns intereses tan claros no mercado petrolífero como e o Bush queira facer algo, que se apañen os demais. Saúdos e apertas

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>