NON IRLANDÉS
ofalarnontencancelas @ 12:33Non irlandés : Europa contra a cidadanía ?
Os/as Irlandeses/as dixeron "Non", un precioso "Non", franco, masivo, pero algúns opinan que non é un "Non" de esquerdas.
De todos os xeitos eu sempre dixen que o procedemento do Tratado de Lisboa (o mini-tratado que non fondo era tan longo coma o Tratado Constitucional) era igualmente unha trampa perigosa para os valores democráticos que proveñen da ilustración, e que se traducen na praxe en políticas de participación cidadá, democracia radical e sociedade do benestar.
Non por iso, os que estamos polo non, somos antieuropeistas. Moitos persoeiros supostamente representantes da esquerda europea pero que no fondo son defensores do pensamento único, igual que os seus correlixionarios liberais, se burlan do NON IRLANDÉS dicindo que aglutina a un multimillonario oposto á harmonización fiscal, aos anti abortistas, anti divocio, anti vodas gais e ultranacionalistas... resumindo, que o NON non aglutina á xente de esquerdas senón aos neocons e ultraliberais.
Todo menos avaliar o problema de fondo, que é o divorcio entre a cidadanía e esa Europa que están a construír dende hai máis de 50 anos a élite do continente. Faime graza cando Sarkozy e Merkel cando din que o Tratado de Lisboa non está morto e que se debe seguir co proceso amosando un autismo espectacular pola súa banda diante deste rexeito masivo Irlandés, non sendo capaces de ver que a construción Europea está a atravesar a crise máis aguda da súa historia. Unha crise sumada á económica, onde unha Europa enorme (27 membros) se pregunta sobre as súas fronteiras e a súa potencia. Unha crise de confianza dos seus cidadáns respecto ás súas institucións descarnadas e tecnócratas. Unha crise de fe dos Europeos na capacidade da UE para aportarlles progreso económico e social, para mostra un botón co acordo dos 27 ministros de emprego que están dispostos a autorizar que “os traballadores Europeos traballen ata 60 ou 65 horas á semana.
Así que finalmente dicirlles aos da élite que gobernan aos Europeos pero sen os Europeos que o NON está mais que xustificado, porque non conta nin coa cidadanía, e destrúe os dereitos humanos e sociais que tanto caracterizou a Europa que eu desexo. Posto por MacLapfer


Chúzao
del.icio.us



Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario