Malos tempos na U.E.
ofalarnontencancelas @ 09:07

![]()
Hoxe lin dúas novas que me preocupan. A primeira é que a U.E. quer ampliar a xornada laboral a 48 horas semanais puidendo extenderse así a xornada a 65 horas. A segunda que queren meter man aos blogs coa creación dun DNI de bloguers para ternos controladiños.
Agora que parecía que podían soplar ventos de cambio no Imperio, aquí na vella Europa parece que imos cara posturas máis propias do século XIX con amplias xornadas de traballo e control fascista da cidadanía.
Non sei onde imos ir a parar, e canto estamos dispostos a aturar.
E o que é peor canto tempo máis poderei escribir no meu blogue.
Posto por MacLapfer.

Chúzao
del.icio.us



Un Comentario »
Xa che digo...case dan gañas de fundar un pais nunha illa remota.E triste que Europa estea a caer nas mans do fascismo.Saúdos e apertas
Deixar un Comentario