Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A DEREITA DO ESTADO ESPAÑOL

ofalarnontencancelas 27-05-2008 GTM 1 @ 12:57


images53.jpg

«Os enemigos do PP están no exterior do partido [en referencia aos socialistas no poder], e non no interior.» esta fin de semana, Mariano Rajoy, lanzou esta afirmación desesperada e inútil. Os medios de comunicación ultra conservadores ironizaban ontes sobre o «desexo de impotencia» dun líder á baixa. Case todos os días, unha mala nova abátese sobre o principal partido da oposición do Estado Español que representa a toda a pluralidade dende o centro á ultra dereita e que, a pesares da súa derrota nas lexislativas de marzo , obtivo máis de  10 millóns de votos: o «numéro 2» do partido da un portazo sen explicacións; Zaplana vaise para Telefónica, e María San Gil xustifica a súa demisión porque o «PP  perdeu os seus principios». Incluso José Maria Aznar , xoven pre retirado da política contratado polo magnate Murdoch, rompe o silenzo decindo que a «unidade está en perigo».

Estes tumultos supostamente se explican pola recente viraxe do PP cara "unha oposción moderada e construtiva", segundo os termos empregados por  Rajoy. que antes de virar a súa estratexia era de afrontamento contra ZP. Un PP sostido pola xerarquía católica e o xornal  El Mundo,e a golpe de manifestacións, os «populares» se opuxeron ao diálogo con ETA, ao novo estatut de Catalunya ou ás vodas gays.  En marzo,despois da segunda derrota electoral, Mariano Rajoy estima indispensábel cambiar a imaxe do PP, unha imaxe dun partido ultra conservador  que as veces roza o ridículo se temos en conta que o Estado Español está ubicado na Europa do século XXI. «En realidade, somos o centro dereita, e vouno demostrar», afirma Rajoy. A garda pretoriana que medraba á sombra de Aznar non aprecia moito esta viraxe.

o conflicto explota aínda máis a mediados de maio, despois do atentado de ETA que mata ao garda civil. O líder do PP apoia a ZP - cousa inédita - e díse  disposto, algún día, a pactar cos nacionalistas Bascos moderados,que se opoñan á violencia (como xa fixeron na primeira lexislatura de AZNAR por certo). María San Gil, icono da intransixenza na loita antiterrorista, desafía a Mariano Rajoy en público. Co apoio, como non de Aznar, Ela estima que os « principios do PP foron traicionados». «En realidade,este partido sempre estivo composto por dúas almas diferenciadas, segundo a análise realizada polo politólogo Santos Julia. Dun lado , os reformistas ; do outro, unha corrente de dereita dura, clerical e ultraliberal. A fobia a unha ruptura e a autoridade de Aznar foron os dous elementos de unidade.» Tantos os«centristas» como os «duros» din nembargantes non querer a separación. A balanza inclinaráse dun lado ou do outro no próximo congreso de Valencia.

Persoalmente penso que no PP ten máis que perder o núcleo "centrista" que o "duro", se no congreso gañan os primeiros vanlle poder botar en cara as próximas derrotas electorais do PP (Galiza, Europa, Euskadi...) polo que os "duros" volverán con forza (estes sempre teñen cabida no PP) pero se no próximo congreso gañan "os duros" os centristas vanno ter crudo, (todos os que apoiaron a Rajoy) non van ter moita cabida no proxecto a curto prazo e moito me temo que tampouco van a ter a valentía de organizarse nun novo partido de centro ao estilo centro europeo que o Estado Español tanto necesita.

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>