A XESTIÓN DA SAÚDE
ofalarnontencancelas @ 11:05
Entereime na prensa o outro día que lles pagaban un plus aos médicos de cabeceira por non mandar xente ao especialista.
Non me deixa de abraiar o mal que se xestiona a sanidade en Galiza, goberne quen goberne, porque o PP non pode dar leccións a ninguén nesta area de xestión.
Paréceme lamentábel o xeito de xestionar do PSde G nesta materia, eu eu o podo dicir ben alto sen que me tiren das orellas coma a Aymerich. Pagar pluses por non mandar ao especialista iso debía ser causa de demisión por parte da conselleira.
Pero á marxe de todo isto, existe un problema de fondo na sanidade que nada ten que ver co político de turno que xestione dita consellería, e é os conflitos de intereses.
Intereses de moitos profesionais da propia sanidade púbica, que lles interesa que a sanidade pública sexa caótica para poder enriquecerse coas derivacións máis ou menos éticas e incluso legais á privada. (Atendo mal no público para que veñas a miña consulta privada, onde che farei as probas clínicas nun santiamén, iso si cos recursos da sanidade pública, así optimizo gastos).
Existe un modelo de xestión da sanidade que remataría con todo isto da corrupción do sistema e que melloraría a asistencia do doente, e que eu sempre defendín.
O Estado fomentaría a creación de mútuas coa participación dos axentes sociais (sindicatos, confederación de empresarios...) Estas mútuas terían dúas fontes de financiación, o propio estado e as cotas as mesmas realizadas polos traballadores afiliados as mesmas.
A cota da mútua tería unha cobertura total hospitalización, atención primaria, consulta especialista, ondontolxía...
No caso das consultas aos especialistas e ondontoloxía o/a usuario/a das mútuas irían ao especialista que lle pete sen lista de espera mesmo á súa consulta privada, lle pagaría a factura e logo a mútua lle devolvería o 90% da mesma (Sinceramente se a consulta vale 100 euros non me importa pagar 10 se me atenden no momento). Os custes de hospitalización e de diagnose son por conta da mutua ao 100 %.
Para garantir a prestación universal da saúde, existería neste modelo de xestión unha mútua específica para a xente sen recursos na que o estado abonaría o 100 % das facturas.
Con este modelo de xestión evítase que se especule coa saúde, ti xa vas a unha consulta privada do especialista el cobra polo servizo unha soa vez, e en segundo lugar aumenta a calidade do servizo o cliente - doente iría ao mellor profesional, e os mediocres terían que ir pechando a súa consulta.
Xa sei que moita xente ve neste modelo a privatización do servizo, non o vexo así máis ben é unha democratización de mesmo, sempre e cando participen os axentes sociais na xestión das mútuas,e non exclusivamente a patronal que é o que sucede neste país.
Posto por MacLapfer.

Chúzao
del.icio.us



Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario