A pandilla de Silvio volve ao ataque
ofalarnontencancelas @ 14:55

“Nada está decidido. Non teremos sorpresas” Unha semana despois da súa vitoria nas eleccións, Silvio Berlusconi xa ten que por orde na súa coalición que lle deu a maioría. Luns, o futuro presidente do Consello tivo que correxir as declaracións dos dirixentes da Liga do Norte que, co 8% dos votos, saíron vencedores das lexislativas sendo determinantes no parlamento.Triunfantes, o partido autonomista, eurófobo e xenófobo de Umberto Bossi anunciara na vispera dunha reunión co Silvio na súa residencia privada en Arcore, que tería un lugar de libre elección no futuro goberno de coalición. Vicepresidencia do Consello, o ministerio de interior, de reformas, agricultura....“Eu consulto a todo o mundo. Teremos sorpresas. Todo estará fechado cando teña o panorama mais claro. Son eu quen decide” tivo que recordar Berlusconi, visiblemente irritado pola precipitación da liga. Partido que representa un elector sobre tres en certas provincias, e que ten ben decidido influír na acción de goberno impoñendo os seus temas predilectos: a seguridade (seguridade que criminaliza aos inmigrantes porsuposto) e o federalismo fiscal. O proposto para ocupar a carteira de interior, Roberto Maroni di cousas coma as seguintes “temos que expulsar inmediatamente a todos os extracomunitarios en situación irregular” pero tamén dixo aproveitando un feito dramático ocorrido en Roma, onde unha xove muller foi apuñalada por un cidadán rumano o seguinte “reclamo unha modificación da directiva europea para poder dar á caza aos delicuentes rumanos(...) temos que negociar coa Comisión as regras de libre circulación dos cidadáns da UE”. Os dirixentes da liga propoñen a “tolerancia cero” con este colectivo. “As ratas son mais doadas de cazar que os Rumanos porque son máis pequenos”, dixo Matteo Salvini, un xove representante da Liga. “Hai unha manada de bárbaros que se pasean dende hai demasiado tempo e con toda impugnidade polo territorio nacional” dixo outro membro da liga o Sr Roberto Castelli. “Unha das primeira medidas terá relación coa seguridade” dixo Berlusconi sen entrar en detalle no seu proxecto político nesta área.En definitiva aquí temos de novo á pandilla de fascistas e delincuentes que volven a gobernar Italia. Sempre nos quedará Italia.
Posto por MacLpafer

Chúzao
del.icio.us



Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario