Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Restruturación no goberno do Estado Español

ofalarnontencancelas @ 11:43

images50.jpg

 

 

Estou moi descontento coa restruturación do goberno liderado por ZP, porque amosa unha liña de actuación para os catro vindeiros anos nada alentadores.

Importan o modelo británico ao unificar benestar, familia e educación. Paréceme patético porque se temos que importar de fóra como xestionar a educación e os servizos sociais, por favor que non sexa do Reino Unido, temos outros paises de referencia que teñen unha ampla tradición en benestar social (Suecia, Noruega, Finlandia, Dinamarca, Bélxica...), pero por favor o Reino Unido non.

E por riba xunta a política social coa educación, dúas areas onde precisamente o Estado Español ten moito que rascar. Ou me quer dicir o señor ZP que xa estamos nun estado de benestar social tan desenvolvido que xa non require dun ministerio para si so.  Iso si poñemos un ministerio de igualdade que sona moi ben para vender aos medios, pero que moito me temo será outro fracaso coma o ministerio de vivenda.

Sen falar da desaparición do ministerio de medioambiente que comparte un super ministerio con medio rural e marítimo, areas de xestión moitas veces incompatíbeis entre si e con intereses encontrados.

Iso amosa por onde van ir os tiros nesta lexislatura, estará á baixa as politicas socias, educación e medio ambiente. Os pilares que son garantía da calidade de vida e da prosperidade da cidadanía dun estado. E teremos á alza as política económicas, os ministerios inútis pero que fan propaganda, e mantemos os malos xestores como Magalena Álvarez para non facerlle un feo a Chaves e que unha vez máis perxudican as intereses de Galiza.

Unha lexislatura que evidencia que quen a vai marcar, aínda de xeito máis esaxerado que na primeira, é a dereita, a dereita nacional cando conveña e a catalana cando non.

Finalmente dicer que ZP comete un erro porque os seus míseros 169 escanos son prestados pola esquerda que votou voto útil para que non subira a dereita de Rajoy, pero se este vai marcar a política nacional e non se atisba excesiva diferenza entre os dous proxectos politicos do PP e do PSOE , pode que na próxima contienda se queden sen os apoios prestados e retornen a esquerda de verdade.

 

Posto por MacLapfer

Chúzao | del.icio.us

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>