O Sr Rodríguez chámanos desleais
ofalarnontencancelas @ 13:36Señor Rodríguez,
Faime moita graza que teña a cara de chamar desleais aos que estivemos na manifestación de GALIZA NON SE VENDE.
De verdade, estou encomenzando a perder a paciencia con certa xente endogámica fundamentalista do BNG, coma o Sr Rodríguez, ou estamos con el ou estamos contra de el.
Eu persoalmente non estou en contra do Sr Rodríguez, pero si das atitudes que están a asomar na organización e na equipa de goberno nas areas de poder desenvolvidas por xente da organización.
Quítannos a Democracia participativa, fan administración paralela na Xunta, non solucionan os problemas da cidadanía......Non quero seguir que me fago mala sangue, pero o peor de todo Sres/as da organización, Sres/as do Consello Nacional, Sres/as conselleiros/as, Directores/as Xerais, e demáis "petit maitres" con coche oficial, o peor de todo e que estades a perder "A RÚA" e isto si que vai ser fodido compañeiro Rodríguez, que perdades a rúa.
Hai moitos militantes descontentes co que está a pasar Sr Rodríguez, porque a verdade non esperaban isto, Galiza non merecía isto.
Por isto Sr Rodríguez, no lugar de chamarnos desleais, están vostede a tempo, aínda están a tempo de facer unha política coherente co que o BNG representaba cando se creou.
Porque eiquí no caso de existir algún desleal poida que sexades vós.
Posto por MacLapfer.

Chúzao
del.icio.us



Comentarios(3) »
Xa se sabe que o espíritu crítico está moi ben cando un está na oposición. Pero estando dacabalo, é un incordio.
A lealdade débeselle sempre, en primeiro lugar, ao país. Foi un comentario ben pouco afortunado. Saúdos aos tres.
Coincido co que dicides os dous. Tes moita razón X a lealdade débese en primeiro lugar ó país. Saúdos.
Deixar un Comentario