Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Ditadura das Multinacionais

ofalarnontencancelas @ 17:12

 

 images45.jpg

Estou farto das tiranías das multinacionais en xeral e das eléctricas en particular se xa non chegaba que pagásemos igual de cara a enerxía eléctrica que no resto do Estado, sendo Galiza a maior produtora a cargo do noso medio ambiente, (encoros,  centrais térmicas, muiños de vento.....), agora coma consumidor dánnos outro agasallo, quítannos a tarifa nocturna.

VAI SENDO HORA DE DEMOCRATIZAR A ECONOMÍA.

Ao mellor os consumidores deberíamos organizarnos en  partidos políticos para pór as empresas no seu sitio.

Posto por MacLapfer

Chúzao | del.icio.us

Comentarios(2) »

#1

Unha vez, por unha carallada que me fixo FENOSA, quixen cambiar de compañía, porque seica hai competencia, ou polo menos cobran iso do tránsito á competencia.
Pois ben: non hai tal, e o cambio era para outra compañía que collía a enerxía de FENOSA e ma vendía a min, sempre máis cara, claro está.
Hai que joderse.

#2

Cando as grandes empresas estratéxicas eran do estado, o neoliberalismo dicía que os monopolios estatais eran competencia desleal. Agora que se privatizou todo, eles montan os mesmos monopolios e estamos peor.Privatiza que algo queda. Cando se chegou ao extremo de agora onde o estado non controla certas empresas enerxéticas, pasa o que pasa, calquera goberno que sexa elixido gobernará pero xamais terá o poder.

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>