Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Bo Nadal deshumanizado

ofalarnontencancelas @ 16:55

 

 c-1505-04.bmp

Debido ao meu traballo só podo ir a facer a compra semanal as fins de semana (Esta é a miña desgraza), ademáis esta fin de semana coincidía coa ponte e o centro comercial ao que vou estaba a rebosar.

Todos coma posesos consumindo, empurrandose...., pero o que máis me abrallou foi que había un bebé na súa cadeira chorando coma un poseso porque tiña unha caixa enriba del mentres a súa irmá duns 3 ou 4 anos intentaba quitarlla para alivialo. Eu pergunteille a nena se quería que a axudara e ela dixo que si, polo que lle quitei a caixa de enriba do neno, o cal deixo automaticamente de chorar ao non sentir o peso da mesma. Pergunteille á nena polos seus pais e me dixo que viñan nun intre.

Funme dalí medio contrariado mais que nada porque coa cantidade de xente que había no centro comercial, ningunha persoa se dignara a ofrecerlle axuda á nena, todos andaban ao seu a consumir.

Cara a onde vai a humanidade?

Posto por MacLapfer

Chúzao | del.icio.us

Un Comentario »

#1

Eu non sei cara onde vai a humanidade, o que sei é que non che me gusta nada o que contas...unha vergoña máis.

Unha razón máis para detestar o nadal,(e non tiña poucas xa)

Saúdos

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>