Conferencia de paz?
ofalarnontencancelas @ 16:43
A conferencia de Annapolis non cambiará nada ao menos que sexa para favorecer as posturas de Israel antes de que se vaia Bush. Esta conferencia confirma unha política de apartheid. Olmert reclama aos Palestinos o recoñecemento do estado xudeo de Israel. Non quer nin discutir, nin negociar. E isto será percibido como outra derrota de Abbas. O que axudará en afundir aínda máis a Autoridade Palestina e fomentar o extremismo no colectivo. Sobre todo se a comunidade internacional segue así de impasíbel.
Cal é a situación?
Nada está regrado e Israel non vai ceder nin un milímetro se non hai presión internacional, Israel distruíu 18 000 vivendas palestinas dende a ocupación sen xustificación ningunha. No 90 % dos casos sen relación ningunha cos problemas de seguridade invocados por eles. Sendo a reconstrución un acto de resistencia por parte dos palestinos. Isto lles permite denunciar a traxedia humana na que viven. Necesitamos que a mascarada caia en picado. Israel persiste nunha política de invasión e envellecemento. En Cisxordania, a colonización prosigue e o muro é a chave desta política. Contorna as colonias para integralas no novo estado hebreo.…
O Estado de Israel é culpábel de numerosas crimes co fin de manter a colonización. Basta con botarlle un vistazo o desenvolvemento das infraestruturas que son esencialmente para as colonias, a súa política de arrancado de árbores froitais palestinos para a elaboración dos muro da vergoña. Sen contar co risco de desastre ecolóxico do sistema de tratamento inexistente das augas fecais das colonias que se verten nas plantacións palestinas...
é posíbel un futuro ?
Necesitamos denunciar estes crimes e mentiras dos dirixentes de Israel para que unha presión internacional emerxa que exista unha mobilización da opinión pública. Hoxe por hoxe se recoñecemos o estado de Israel, tal como están as cousas implicaría unha predominancia dun grupo sobre o outro. Entón xa non sería unha democracia, senón unha etnocracia. Unha parte da poboación imporá a súa razón ao conxunto. Os dereitos do home desaparecerían.
Posto por MacLapfer

Chúzao
del.icio.us



Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario