Chegar a fin de mes
ofalarnontencancelas @ 16:23 
O último eslogán de Rajoy na precampaña das xerais é o seguinte:
"Chegar a fin de mes é posíbel con Rajoy"
Pero é que ninguén se acorda da política fiscal do PP, non teñen vergoña. Eu do que me lembro ben e da frase favorita de Rato cando era ministro de economía "moderación salarial", tamén me lembro da reforma que implantaron no IRPF de tal xeito que a xente que ten contratos precarios temporais que compaxina con prestacións por desemprego pagan máis a facenda porque o seu tope é de 8000 euros anuais para declarar en lugar dos 22000 euros dos que so teñen un pagador.(Aquí e onde teñen que facer a reforma e deixarse de chorradas, que por certo os socialistas dixeron que lle ían meter man a isto e tampouco o fixeron todo sexa dito de paso).
E eu pergúntome quen pode crer este eslogan tendo a experiencia fiscal recente que tivemos que padecer, onde chegar a fin de mes era toda unha odisea.
Posto por MacLpafer.

Chúzao
del.icio.us



Un Comentario »
hahahaha, xustamente estou remantando unha paxarada con este eslogan...que vaixei a vila e vin a pancarta en grande e encheume os miolos :P SAudos
Deixar un Comentario