Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Xustiza?

ofalarnontencancelas @ 16:49

 

 images41.jpg

Sinceramente permitídeme esta arroutada que sae da miña grande ignorancia, o caso que nun dos telexornais que estiven a ver este medio día saíu o xuízo a dous rapaces independentistas cataláns por queimar as fotos do Rei. Condenáronnos a pagar uns case 3000 euros de multa. Pero isto non foi o que me chamou a atención da noticia, senón que o delito o cometeron no mes de setembro e xa están xulgados só dous meses despois, incríbel cando hai unha chea de xente que teñen que esperar anos polo xuízo por delitos moito máis sangrantes que as inxurias ao Rei. Realmente a xustiza anda un pouco chosca.

Posto por MacLapfer.

Chúzao | del.icio.us

Comentarios(3) »

#1

Se queiman a miña foto,ou me dibuxan copulando, seguramente a min non me dan un peso.
E non sei eu, pero que a dignidade e honra valla máis que a miña paréceme un concepto medieval.

#2

Estou coa Conxurada. Iso de que "Tódos somos iguais ante a lei sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de... calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social" quedou moi bonito escrito alí, naquel libro, naquel momento.

#3

A igualdade é cada vez máis utópica

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>