Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Colombia

ofalarnontencancelas 13-11-2007 GTM 1 @ 16:08 Tags:

 

 images40.jpg

Un informe denuncia execucións "fóra da legalidade" de campesiños en Colombia polo exército e a policía. Os autores denuncian unha "impugnidade" e acusan ao poder militar e estatal.

Unha xornalista francesa Françoise Escarpit, presentou un informe sobre a "misión internacional de observación sobre as execucións en Colombia" xunto con Fabien Cohen, secretario xeral da asociación France Amérique Latine (FAL). Denunciando estes feitos.

Esta xornalista participou xunto con xuristas, antropólogos e expertos en dereitos humanos, un total de 13 persoas. Contaron co apoio da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas en Colombia.

A misión recopilou información das testemuñas e parentes e chegaron a seguinte conclusión "Observamos o mesmo xeito de operar en diferentes lugares, as persoas son secuestradas e executadas, despois o seus corpos son trasladados e vestidos con roupa militar, coas armas e símbolos da guerrilla ao redor deles para manipular unha escea do crime ficticia" Estes mortos son contabilizados polo aparato de propaganda Colombiana como guerilleiros mortos en combate. (máis de 10.000 dende o 2002).

Todo isto é debido á prima que lles dan aos militares segundo o número de execucións de membros da guerrilla. Entón para cobrar a prima matan labregos os visten de guerrilleiros e listo.

Pero o peor de todo isto é a impugnidade absoluta reinante no país. Xa que aínda que hai 11 procesos abertos ao día de hoxe por estas matanzas, non serven de moito porque vai pola vía da xustiza militar o que causa un problema de imparcialidade.

Un se pergunta despois de tanta polémica coa tontería de Chávez e o Rei, non sería mellor tirárlle das orellas a Uribe.

Posto por MacLapfer

Comentarios(2) »

  1. sarampelo

    Escoitar a este Uribe na Conferencia Iberoamericana, foi como para votarse a chorar. Ao borbón si que lle gustan esas palabras e quizais ao Zapatero, xa que el tamén falaba das exquesiteces do neoliberalismo.
    Non sei se leches "Sicario" de Alberto Vázquez Figueroa. Aquí describiche moi ben o que foi e é Colombia, na historia dun sicario de 8 anos, onde aos 12 xa tiña 5 asasinatos ao seu lombo.

    14-11-2007 - 00:26:11 GMT 1

  2. Ninsesabe

    Iso da prima por morte matada é un incentivo caralludo.
    Está visto que este mundo non ten remedio. Dijo eu. ¿Ou si?

    18-11-2007 - 19:57:18 GMT 1

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>