Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O modelo caduco

ofalarnontencancelas @ 17:03 Tags:

 images17.jpg

 

A revolución neoconservadora de Bush está a aumentar o sofremento popular e contribúe a romper os equilibrios económicos.

Bush é un presidente que se atopa no final do seu "reino", persuadido iso si, de que cumpríu cunha misión divina.

As sondaxes son unánimes, están en números vermellos, dende a guerra de Irak á economía,  pasando pola saúde, o medio ambiente, a educación.... o soño americano fai augas por todas as bandas. Un pesadelo dunha recesión anunciada e onde ninguén se atreve a predicir as consecuencias.

Un modelo que sitúa a decenas de millóns de familias con hipoteca a ponto de estar afogadas. Producindo unha caída dos prezos no sector. Moitas familias se viron obrigadas a vender as súas propiedades por un prezo inferior da súa hipoteca.

A "compaixón conservadora" tema da primeira campaña electoral de Bush, reuníu aos grandes da banca para socorrer as sociedades de crédito que estaban en grandes dificultades. A súa vez a banca quedou tocada pola crise.

O presidente da Banca Federal, Ben Bernanke, pronunciou un discurso, hai unhas semanas, onde dicía que temía o contaxio, e facía un chamamento de humildade aos expertos á hora de avaliar unha situación tan incerta. En difinitiva unha demostración da fraxilidade do sistema. Non houbo ningunha predición para estes millóns de familias arruínadas.

Iso si os máis ricos tiveron baixada de impostos, mentres tanto o número de pobres pasou de 11.3% a 12.6% do 2000 ao 2005, ou sexa 37 millóns de persoas, das cales 10 son nenos.

As primas dos seguros son cada vez máis altas, aumentan cada ano sendo inalcanzábeis para unha grande parte dos asalariados. Resultado das reformas da "compaixón conservadora" de Bush: 89.6 millóns de Americanos de menos de 65 anos, máis de un de cada tres, non teñen seguro médico. Segundo "Families USA, contamos con 17 millóns máis que no 2.000.

Houbo un proxecto de lei presentado polos Demócratas que propón a gratuidade dos coidados para millóns de nenos e nenas de familias pobres, pero foi vetada pola "compaixón conservadora" de Bush.

A caída dos contratos de mútuas das empresas de máis de 200 empregados desmantelou un sistema de seguridade social que databa dende a crise do 29.

A "compaixón conservadora" de Bush tamén retrasou a idade de xubilación aos 67 anos aumentábel aos 70 anos no 2.010.

Podería seguir pero non me quero estender, e dicir que hai líderes europeos que queren importar o modelo, penso por exemplo no pequeno napoleón sarko.

Posto por MacLapfer

 

 

Chúzao | del.icio.us

Comentarios(2) »

#1

Iso é o que queren os gobernos neoliberais, rematar coas conquistas sociais coa axuda dos socialdemócratas en Europa,

#2

Os "socialdemócratas" que ti dis Sarampelo, para min non son socialdemócratas son "lobos" con pel de cordeiro. E prostitúen a esencia real da "Socialdemocracia"

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>