Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Nuclear non grazas?

ofalarnontencancelas @ 17:07

 

 images38.jpg

Xa levaban anos os científicos ao servizo do capital mentalizando ao persoal de que a enerxía nuclear non é tan fera como a pintan. Agora coa desculpa de que é o único xeito de garantir o consumo enerxético do devorador occidente, pero o que é máis importante o único xeito de cumpri co protocolo de  "kioto" . Pois ata é a nosa salvación.

Soamente en Franza debe haber máis de 75 centrais nucleares, Bélxica co pequena que é creo que ten unhas 9 mínimo. Agora o pequeno Napoleón "Sarko" quere nuclearizar o magreb (Marrocos, Arxelia...)

A sociedade occidental traga, unha vez máis calada, porque ten medo, non quer perder as súas necesidades creadas de consumo, a súa comodidade enerxética....

Mentres tanto lixo radioactivo creado polas centrais escondémolo debaixo da alfonbra co resto da merda que cada vez nos deshumaniza máis.

 

Posto por MacLapfer.

Chúzao | del.icio.us

Comentarios(3) »

#1

E triste, vou ter que desempolvar as miña antigas chapas de nuclear non grazas :( e ademaís , as nucleares sempre resultaran perigosas, bandellos,( o como se escriva) Cernovil etc...deverian ser exemplos dabondo :( Saudos

#2

O home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma "merda" perdón pedra.

#3

Logo encheran de residuos o mar e paseniño camiñaremos á perdición.

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>