Atitudes Fraguistas en Vicepresidencia
ofalarnontencancelas @ 15:36

Estou bastante decepcionado coa consellería de Quin, non me gusta ser moi crítico porque son afín, pero non aturo determinados comportamentos. Xa sei que é máis doado "destruír que construír" coma dixo Francisco Rodríguez na derradeira asemblea nacional, e digo ben, derradeira, porque quitaron o dereito asembleario aos militantes, e reduciron a democracia participativa, pero isto é outro cantar. Eu o que quero é denunciar atitudes anti democráticas non destruír.
O último de " ViceQuin" é que agora van subcontratar para o Consorcio de Igualdade e Benestar (sóavos o de administración paralela?) unha consultora para facer selección de persoal para as galescolas. Non sei a vos pero a mín isto sóame a "pelotazo".
Hai que estar ao tanto, a ver a que amigo lle toca o "chollo".
Iso si quero darlle a noraboa aos da CIG que denunciarion os feitos, avisando que existen funcionarios suficientes para facer dita función.
Compañeiro Quin, é hora de quitarse os "tics" Fraguistas, porque creo que por alí non imos ben.
Posto por MacLapfer.

Chúzao
del.icio.us



Comentarios(2) »
Eu tamén son afín, pero temos que criticar o que non nos gusta, o pensamento única é cousa de dereitas...e nós non somos coma eles.
Asi imos moi mal, iso xa o facía o PP. Estaremos co ollo pendente a quen lle toca a lotería caciquil. Privatiza que algo queda.
Deixar un Comentario