
Hoxe é inevitabel oír falar del en todas partes. Abraiada escoito todo tipo de sandeces, que si é un símbolo, que si un icono, que si un "Xesús laico", sobre todo despois da exposición pública do seu cadáver, coa barba escura e o torso espido. E eu recoñezo que no podo evitar certa incomodidade cada vez que contemplo esta imaxe, un gusaniño que me reconcome perguntándome se a persoa que a luce coñece realmente quen era esa persoa, cales os seus ideais e cal o xeito que escolleu de levalos a cabo. Algúns non coñecen nin o seu nome.
Como todos os símbolos o Che perdeu o seu significado, elevado a icono popular ningún ousa abertamente cuestionar a súa figura, e así nos levantamos hoxe, escoitando a contertulios hipócritas dirixirlle toda clase de halagos, e todos asinten coma borregos sen pensar que nestes tempos que corren a violencia está mal vista e as revolucións teñen que ser tranquilas porque é o máis civilizado, sen reparar en que as verdadeiras revolucións nunca son tranquilas, e que os principais dereitos sociais que disfrutamos no presente e que agora nos intentan quitar,conseguíronse moitos deles con derramamento de sangue.
Véndennos a un Che icono da rebeldía, cando debería selo da rebelión, e o alaban dicindo que era unha "persoa xenerosa que entregou a súa vida pola causa na que creía". Hipocresía da mercadotecnia. Se hoxe existise un Che, o tacharían de Terrorista Internacional e non de "guerrilleiro guay" como lle soe chamar algún adolescente. Non hai máis que ver como se criminaliza hoxe en día á xente que quer defender un programa "socialista" incluso de xeito democrático gañando unhas eleccións chamándolles de todo menos bonito, non hai máis que ver o caso de Venezuela, Bolivia, Ecuador....
Vaia dende aquí unha homenaxe ó Che, no aniversarío do día no que morreu un home e naceu un mito.
Posto por Fror de toxo

Chúzao
del.icio.us



Comentarios(6) »
Concordo en todo o que dis, é máis, se o Che levanta cabeza, e descubre que a súa face é comercializada a escala mundial en camisetas, chapas, bandeiras e demais....non sei que pensaría.
Saúdos
Interesantísima reflexión.
No tocante ás revolucións, eu, parvo de min, sijo crendo na revolución interior, no poder da educación. Pero sejuramente estarei errado...
A revolución interior, esa sí que é a mellor das utopías, porque con este posto non é que pretendera a facer un chamamento ás armas, nin nada polo estilo, simplemente é que me sinto asqueada pola hipocresía da que se fai gala en datas coma esta.
Ninsesabe, encántame ver a un educador que ainda non perdeu a fe no seu traballo, un saúdo.
Hoxe en día o Che para moitos é mais un producto de marketing e de estética que outra cousa.
E eso é o grave porque as ideas do Che aínda están vixentes e son necesarias.
O máis grave de todo é a educación e a cultura que nos están impoñendo. Unha cultura de unha sociedade enferma como a de EEUU.Se ledes o enderezo que embaixo poño, teredes algo que non ten cabida nos meus miolos. ¿Como pode ser posible que un xornal que se cre progresista e que vai a cabalo co PSOE, pode chamarlle nunha editorial "Caudillo" e "terrorista". Non nos estrañe por onde camiñamos nestes tempos de liberalismo e globalización, sendo culpablesw moitos partidos da "esquerda".
Se esta é a educación que lles imos dar aos nosos nenos, apaga e imonos para o carallo.
http://www.elpais.com/articuloCompleto/opinion/Caudillo/Guevara/elpepiopi/20071010elpepiopi_2/Tes
Raposo: Penso que as ideas do Che son tan necesarias como daquela, ou máis se cadra, por culpa do neoliberalismo brutal que vivimos agora, pero tiraron tanta merda por elas que xa a case ninguén lle importan. E o peor son esos pseudoprogres que botan man delas en plan utopía irrealizable.
Sarampelo, non te extrañes, moitos partidos de esquerda se venderon ó poder. O éxito do capitalismo global foi facer creer que outro mundo non é posible, para o que contaron coa inestimable axuda dos medios de comunicación que por suposto controlan.
Deixar un Comentario