Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Escapando da mili en Israel

ofalarnontencancelas @ 15:20 Tags:

 

 3038.jpg

A tasa de xoves que non fan a mili acada en 2007 un nivel record en Israel, un 25%, un punto máis que o ano anterior, segundo as cifras do exército Israelita. Entre as mulleres, que deben facer un servizo á patria de dous anos, un 42% non van ao exercito alegando razóns relixiosas ou porque están casadas.

Ademáis, un 17.5% dos xoves enrolados non rematan o servizo, e as solicitudes para entrar nas unidades de combate baixaron un 67.3%.

A publicación destas cifras, moi comentadas polos medios de comunicación do país hebreo, provocou unha grande controversia nun país nado na guerra e no conflito permanente cos viciños, e onde o servizo militar e considerado un pilar da sociedade.

Certos analistas suliñan que isto e debido ao aumento de xoves ultraortodoxos que están exentos de facer o servizo (pasou dun 2% nos setenta a un 11% na actualidade de xoves que se consideran ultraortodoxos).

Non sendo por isto so poden estar exento de facer a mili polos seguintes motivos:

- Problemas de saúde (o pediron o 7% da poboación, e dos cales un 5% por problemas psicolóxicos).

- 4% por ter a residencia no estranxeiro.

- 3% por causas xudiciais.

- Tamén a poboación árabe do estado de Israel, que representa un 20% da poboación non están obrigados a facer a mili.

Polo que moitos dirán que son ortodoxos sen selo.

Consecuencia dos decesos debido ao conflito con Líbano no verán do 2.006 ou das imaxes da evacuación do exército hebreo dos colonos da banda de Gaza no verán do 2.005 deron como resultado unha opinión pública receptiva ao escaqueo dos seus xoves coa  patria.

En fin que a ninguén lle gusta morrer pola patria, e menos cando estas guerras son inxustificábeis ( se é que algunha realmente o é). A esperanza de Israel está nesta xuventude.

 

Posto por MacLapfer.

Chúzao | del.icio.us

Comentarios(3) »

#1

Eu faría o mesmo.non estou disposto a pasar dous anos da miña vida "servindo a patria" non che me estraña nadiña que se escaqueen. En outro orde de cousas , espero que tiveses unha boas vacacións e alegrome de leerche outra vez por eiqui

#2

Idem, eu non lle dou nin dous días, as vacacións foron boas pero sempre curtas. E aquí seguimos, a ver se fago tempo para seguir blogueando.

#3

Humm, véxote moi optimista. Pero se o 25 % non o fan, quere decir que o 75% si...Non sei, non sei, a revolución pendente é, dijo eu, a do interior dos miolos do home. E non lle vexo eu trazas.Non perdo a esperanza, pero a realidade dame de hostias tódolos días...

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>