
O meu avó pasou calamidades (cárcere, ver como fusilaban aos seus amigos en Burgos, seguemento mensual coa garda civil ata case os anos sesenta...). Todo por defender a República e a democracia. Dínnos que temos que pasar páxina, non podemos ser escravos do pasado,nin nostálxicos, pero estou un pouco farto de que sexamos os mesmos os que temos que ceder sempre. Gostaríame morrer vendo no Estado Español unha III República, no seu defecto confórmome que o vexa o meu fillo "O Trasno" (é o máis realista so ten dez anos),e para ilo teño varias razóns:
En primeiro lugar a xeración dos nacidos a partires do 61 non tivemos opción de votar nada, nin esta constitución, nin se queríamos ou non unha monarquía parlamentaria. (vai sendo hora de revisar isto).
En segundo lugar, de todos é sabido que existen rumores que se pactou coa esquerda na transición de que soamente existiría monarquía coa figura de Xoan Carlos, pero non vexo eu a "Felipito pola labor", non me estraña a mín tamén me gostaría vivir a "cuerpo de rey".
En terceiro lugar, quero ter a oportunidade de elixir ao meu Xefe de Estado de xeito democrático, porque eu non creo nin no sangue azul, nin na supremacía da aristocracia..., nin tampouco que os monarcas sexan descendentes do Rei David (como dicían na idade media).... Todo isto é a antítese da DEMOCRACIA. Mal por mal ata prefiro que fagan un sorteo entre todos os que estamos censados no Estado Español e que un cidadán teña a oportunidade de vivir "a cuerpo de Rey" por un período dun ano por exemplo sendo Xefe de Estado (ata esta estupidez sería máis democrática que o que temos agora).
En cuarto lugar quero a III República porque me sae máis económico manter un xefe de estado cada 4 anos que toda esa familia, que a parte da asignación de case 9 millóns de Euros dos orzamentos do estado (o que se sabe), aproveitan a súa situación para enriquecerse.
En quinto lugar por dignidade, e por xustiza polos que padeceron ou morreron por defender a II República non podemos deixar de loitar pola III.
..........Hai moitos outros motivos pero non quero alongar o tema.
En cambio temos xente que queren condenar por colocar a bandeira lexítima aos que por certo lles dou o meu apoio moral.
VIVA A REPÚBLICA
Posto por MacLapfer

Chúzao
del.icio.us



Un Comentario »
Así sexa.
Arriba a República!!
Deixar un Comentario