Como todos e todas xa seguramente sabedes saíu a semana pasada un xornal novo á rúa, chámase público. Debo confesar que merquei os seis primeiro números, máis que nada porque daban seis pelis moi interesantes por so 50 céntimos.
Un xornal que prometía moito, máis que nada porque os medio xa se encargaron de crear certas espectativas ao respecto, dicindo que sería un xornal á "esquerda do país" e que non formara parte do "tinglado prisa", o cal todo sexa dito de paso é de agradecer.
Non vou negar que fun dos que merquei o xornal con certa ilusión, pero que despois de facer certas lecturas detidas, produxo en mín certa decepción por diversos motivos:
É un xornal que efectivamente vai dirixido á xente nova e debe ser por iso que parece un xornal de titulares, onde o desenvolvemento da nova pasa a segundo plano, bótase de menos unha análise profunda das novas.
Ten certo "tufillo" centralista á hora de tratar as novas que proveñen das outras nacións do estado (sobre todo de Euskadi)
En canto a Galiza, queda ninguneada totalmente, de feito hoxe publican unha enquisa de intención de voto (contratada a unha empresa galega por certo) onde non reflicten os resultados obtivos polo BNG. Por non saír non sae nin a programación da Galega no apartado da programación televisiva (Canal 9 si sae por exemplo).
En fin espero non ter que dicir "mi gozo en un pozo" e que este xornal tan "prometedor" non nos dean máis do mesmo.
Posto por MacLapfer.

Chúzao
del.icio.us



Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario