Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

TVG

ofalarnontencancelas @ 15:17 Tags:

 

 images31.jpg

Cambiou o goberno pero na TVG seguemos a ver determinadas cousas que a mín persoalmente me preocupan bastante.

Por unha banda a súa patética programación,  probabelmente feita a base de amiguismo con produtoras patéticas (que por certo se están a forrar) que o único que fan e "copiar e pegar" formatos de programas que se están a facer noutros canles televisivos (o copian absolutamente todo, formatos de series, programas de animais, informativos,....). En definitiva unha programación que pisotea calquera posibilidade dunha televisión de  de calidade e que teña como finalidade o servizo público.  

En canto aos informativos mellor non falar, pasamos do estilo de propaganda Goebels do PP ao estilo Stalin do PSOE , tendo atitudes como ningunear a Quintana nos actos, e agora o de gravar conversas privadas a políticos.

A ver se poñemos xornalistas serios a dirixir este medio que pagamos todos!!!!!!

 

Posto por MacLapfer

 

Chúzao | del.icio.us

Comentarios(3) »

#1

Que non te sorprenda iso de "copiar e pegar". A meirande parte do xornalismo actual segue ese proceso productivo. Tanto ten que se copie o dito nunha rolda de prensa (sen máis análise), un comunicado oficial ou unha nota de prensa, as noticias das axencias ou a liña editorial do medio en cuestión.

É o que queda da información: importa máis a cantidade que a calidade.

#2

Joder, joder, joder...¡Manda chover na Habana! A verdade é que ando un pouco desconectado da TVG (como ti ben dis a programación resúltame insufrible), pero o que contas é abraiante.

#3

Xa se ollaba vir todo isto (todas a TV) desde fai 15 anos ou máis. Desde que copiamos os formatos e certa subcultura de EEUU con: "todo vale". Logo nas facultades de información están a sacar xornalistas "mandilóns" para servicios bastardos (non todos son desta maneira, pero son minoría).
Que podemos dicir cando unha sociedade no século XXI, un programa de TV como "gran hermano" ten unha audiencia impresionante. Esa falta de imaxinación destes "mandilóns" están a descerebrar ao persoal quitándolle o máis preciado dun ser humano: o criterio propio.
Século XXI cambalache: cada vez as xeneracións son máis torpes no esencial do libre pensamento, os condicionan coa caixa tonta ata límites insospeitados.
Consecuencias: Unha sociedade de autómatas tipo EEUU, que son capaces de votar por segunda vez a presidentes incultos e xenocidas que llas mete dobladas ao pobo e non se enteran.
Iso é o que quere o neoliberalismo que o temos metido ata nos fígados.

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>