Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A morte

ofalarnontencancelas @ 09:25 Tags:

 



images28.jpg

 

Estou preocupado porque cada vez estou coñecendo máis xente que  non quer nin oír falar da morte. Uns incluso teñen pesadelos cando isto ocorre.

Houbo un tempo en que todos convivíamos con ela, e cos nosos mortos. Agora non, agora escondemos todo baixo a nosa alfombra particular, ninguneamos a morte (os tanatorios foron o invento do século) e todo o que nos poda producir dor, queremos vivir cun constante reforzo positivo.

 Vivir neste enorme hipermercado que é o mundo cunha música de fondo que nos incita a consumir é incompatíbel con pensar no desenlace natural das nosas vidas "morrer". Se eres consciente disto, vives en consecuencia, e vivir así é sinxelamente un problema para o sistema actual.

Vivir sabendo que o noso tempo é limitado nos faría reprantexar unhas cantas estratexias vitais que fomos tomando ao longo das nosas vidas como se fosen propias, que ao mellor non o son tanto, nin tampouco tan importantes como cremos, e que para o único que serven, a parte de facernos infelices e non vivir en consonancia co noso verdadeiro "eu", e manter o susodito sistema económico e social.

Non temos tanto tempo como para tiralo e vivir os soños doutros, aguantando nun traballo que aborrecemos para pagar unha macro hipoteca, ou ter un coche de 60.000 euros, ou satisfacer as espectativas doutras persoas.... E a estas conclusións e moitas outras, chegamos cando pensamos na "morte".

Nembargantes, a xente prefire seguir o ritmo frenético que lles impón un "neoepicurismo" vendéndolles a eterna e saudábel xuventude onde a verba "morte" está desterrada, para que podan seguir pelexando día a día pola meta do "reforzo positivo", coma os cadeliños de Paulov. E así esquecerse deles mesmos.

 

Posto Por MacLapfer

Chúzao | del.icio.us

Comentarios(3) »

#1

Magnífico post, que reflexión tan acertada!
Parabéns.

#2

Si, moi bo post. A min chámame a atención que a xente lle teña tanto medo; creo que é un proceso reconciliarse coa idea da morte, proceso que me levou o seu tempo, pero a estas alturas teño máis que asumido. Ela, a morte, é unha das realidades que lle dá sentido á vida humana.

#3

Pero podemos ser epicureístas e ter a morte presente. É máis, precisamente por iso.

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>