Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Educación Nazi.

ofalarnontencancelas @ 08:41 Tags:

 

 images27.jpg

 

Estupor en Rauen, lugar da antiga Alemaña do Este. Andreas Molau, un cacique do partido neonazi NPD, anunciou que vai abrir un  « centro de formación para a xuventude e adultos », con actividades « culturais e artísticas » e  « seminarios políticos ». Unha nova etapa na implantación de este partido abertamente xenófobo, racista e antisemita, debemos recordalo. Por desgraza, a propagación desta ideoloxía  non se dará so entre os frustrados dos sistema neoliberal alemán  (taxa alta de paro, immigración ruso-polaca masiva), senón tamén a través da « éducación da xuventude ». Ironia da situación : Andreas Molau,  biógrafo de Goebbels,ensinou no pasado nunha das  200 escolas Waldorf, que son centros escolares libertarias creadas no fin do século XIX para os nenos de obreiros. Estas escolas debido ao seu talante e por ir á marxe do sistema académico foran prohibidas por Hitler. Molau, que botaron fóra polas súas ideas irascíbeis, sabe que a lexislación non lle impide crear a súa escola, sempre e cando se respecten as normas sanitarias correspondentes. Nas futuras eleccións municipais de  2008 e as rexionais alemanas de 2009, a súa escola servirá de "teito" para o NPD. Non quero imaxinar en que van consistir as redaccións ao longo do curso dos alumnos ários desas escolas de Rauen.

Posto por MacLapfer.

Chúzao | del.icio.us

Comentarios(4) »

#1

Triste...moi triste, tiña que existir algun tipo de leicontra iso ...pero por desgracia e moi dificil facela...ou polo menos eu creo iso. Saudos

#2

é certo que é dificil lexislar, pero en Europa empeza a ser máis difícil para uns que para outros. Por exemplo se son musulmán teño dificultades nalgunhas escolas europeas para mandar á miña filla con velo , sen embargo non se lles poñen pegas a ultradereita para difundir a súa ideoloxía.

#3

Ó regreso das vacacións ando dando unha voltiña polos teu blog, pois no verán desconectei completamente.
No tocante ó comentario sobre Chavez, na miña opinión tes toda a razón. Así exactamente son as cousas.

#4

greenhorse
Referred By: 163378848
Reza.Naghizadeh
please reading to my weblog
http://networkmarketing.mg-blog.com
http://greenhorse.com/join_now.ghc?r=163378848

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>