Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

VENEZUELA

ofalarnontencancelas @ 09:39 Tags:

 

 chavez.jpg

Non serei eu que defenda as atitudes de Hugo Chávez que se está adentrando na tentación de convertirse nun ditador coas súas reformas. Pero si quero facer unha pequena reflexión do que está a pasar no continente americano en xeral.

 Dentro da campaña en contra do presidente de Venezuela tamén existen calumnias, non todo son certas as cousas que estamos a oír dese país, son calumnias lanzadas dende diversas oficinas de propaganda  financiadas pola administración Bush, ata aquí nada surprendente, estamos acostumados que esta administración gaste un orzamento nada desdeñábel en crear no mundo unha opinión sobor da realidade nada coincidente coa realidade. Os que si ofende a intelixencia dos que nos consideramos socialdemócratas ou representativos da esquerda democrática e que a esta campaña de calumnias se sumen a esquerda socialdemócrata occidental, debido sobre todo ao fracaso da mesmo en atreverse en facer política de esquerdas, que é o que ten que facer no lugar de sumarse ao carro do neoliberalismo con etiquetas de "terceira vía", "socialliberalismo".....

A socialdemocracia de occidente mentres recorta o estado de benestar ve como en américa latina se suceden experiencias valientes que intentan ir cara a emancipación dos máis febles.

Na venezuela demoníaca de Chávez máis de tres millóns de hectáreas de terra foron distribuídas entre os labregos. Millóns de nenos e adultos foron alfabetizados/as. Instaláronse miles de dispensarios médicos nos barrios populares. Miles de persoas sen recursos con problemas oculares foron operadas gratis. Os produtos alimentarios básicos son subvencionados e ofertados aos pobres a prezos inferiores nun 42% respecto do mercado....

Podería seguir pero non estou aquí para facer apoloxía de Chávez, que coma dixen non goza da miña simpatía. O único que quero denunciar e a manipulación dos medios de comunicación a través da maquinaria neoliberal en contra de políticas efectivas que reducen a pobreza e melloran a calidade de vida dos "desposuídos", e o que máis me indigna é a ocultación desas mesmas políticas efectivas de esquerdas por parte dunha socialdemocracia occidental que está acomplexada e avergoñada por traicionar a súa ideoloxía e razón de ser.

 

Posto por MacLpafer.

Chúzao | del.icio.us

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>