Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A sanidade vai ben?

ofalarnontencancelas 23-07-2007 GTM 1 @ 16:22 Tags:

Hoxe tiven que ir ao meu médico de familia no centro de saúde para pedir vez ao oculista debido a que teño moita tensión nos ollos e ademáis vexo uns puntiños que se moven co movemento ocular, con estas síntomas o meu médico deume un volante preferente despois de perguntarme se tiña antecedentes de glaucoma na familia.

O caso é que me deron vez para o 26 de maio do 2.008, dada a miña sorpresa a administrativa do centro de saúde, recomendoume que fose á atención ao doente, que está no hospital a un par de kilómetros para protestar, e así ao mellor subo na lista de espera.

Paréceme lamentábel que a posibilidade de non estar moi abaixo nunha lista de espera dun especialista dependa da túa capacidade de protesta na atención ao doente, moitos individuos debidos a múltiples factores como a falta de tempo,  a falta de formación, a idade, ou un caracter máis sumiso non acuden a dito servizo.

Evidentemente se non obteño unha data máis razoábel despois de ir á atención ao doente, non me queda outra que acudir á sanidade privada, que coma sempre goberne quen goberne son os que saen gañando.

 

Posto por  MacLapfer

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>