Non sei se vístedes no galicia hoxe o acertado titular onde está wally? da nova na que Touriño ningunea aos do BNG na visita de Zapatero e cinco ministro a un buque de investigación en Vigo. Nembargantes grazas á persistencia de Losada puideron acudir ao acto in estremis Quin e o conselleiro de industria que por certo contribúe ao proxecto cun 20% dos fondos.
Aos Señores do PSOE, e iso que en Galiza so levan dous "telexornais", xa se lles vai vendo o plumeiro. Adquirindo hábitos que eran propios do "Fraguismo", onde se fai fincapé na propaganda e na presenza nos medios de comunicación, unha presenza por certo á carta do PSdeG, eliminando presenzas incómodas propias do estalinismo, onde se borraba das fotos aos caídos en desgraza como podía ser Trosky.
Non nos enganemos, o PSdeG segue a ser o que foi sempre: Ineptos, manipuladores e amantes da propaganda e os amiguismos, sendo o seu único obxectivo a permancia no poder.
Posto por MacLafper e Fror de Toxo.





An —
ei votarlle un ollo a notcia esa, a ver como é o conto que agora quedei con ganas de saber máis. Grazas, saudos
17-07-2007 - 16:02:50 GMT 1
maclapfer —
Xa me contarás
19-07-2007 - 12:51:25 GMT 1