Good bye Blair
ofalarnontencancelas @ 16:08 Tags: Blair

Vaia deus con el. (nunca mellor dito) Xa so falta Bush, que temos que esperar ata o 2008. De Bush e Aznar, pouco se podía esperar. Onde non hai non hai. Pero Blair, Blair foi unha grande decepción. Non sei como os laboristas o aturaron tanto tempo. De feito foi irse e subir nas enquisas a intención de voto do partido.
Aínda así non teño moitas esperanzas nun xiro á esquerda con Brown, pero polo menos non temos que verlle máis o careto ao criminal de guerra con sorriso histérico.
Iso si agora seica vai ir pacificar en oriente medio. Non puideron escoller mellor.
Posto por MacLapfer

Chúzao
del.icio.us



Comentarios(3) »
Non sei que pasa cos ingleses, pero independentemente de que jobernen os laboristas ou os conservadores sempre apoian ó Tío Sam, sexa este repúblicano ou demócrata.
Si que foi unha grande desilusión, si, pero en certo modo eu xa o esperaba.
No que dis do seu sorriso tes razón parece máis finxido que o do muñeco diabolico..A ver que fai po seu sucesor co tema de Irak...que me da a min que vai ser ben pouco. Saudos
Polo menos na forma o sucesor quer diferenciarse, pero estes últimos intentos de atentado poden usarse para non cambiar nada.
Deixar un Comentario