
A Unión Europea, por chamarlle dalgún xeito, vai ter un novo pero mini tratado que destaca por simple e reformista das institucións comunitarias tal como propuxo o pequeno Napoleón Sarkozy, na forma, estamos lonxe do texto que foi rexeitado polos franceses no 2005 e holandeses, sobre todo en se temos en conta a lonxitude do documento (unha ducia de páxinas fronte ás 400 que tiña a constitución), pero tamén en canto ao estilo: unha linguaxe xurídica, as veces moi técnica, dificilmente comprensíbel para o profano..... « A constitución tiña como meta ser lexíbel para todos. A meta deste tratado é, polo contrario ser ilexíbel », ironizou o xefe da diplomacia Belga, Karel de Gucht. Résultado, vai ser máis difícil para o cidadán de facerse co texto como se fixo no debate cara o referendo, polo que se non o entende para que o vai votar.
En canto ás modificacións.
Meros cambios de maquillaxe.
O termo de « constitución » foi tirado ao lixo así como todos os elementos de natureza federalista (himno e bandeira oficiais da UE). O documento eliminou da parte III, todo o tema que organizaba as políticas da Unión, sobre todo en materia económica. En cambio conservaron a carta de dereitos fundamentais que formaba a parte II, pero non nos enganemos reducindo considerábelmente a parte xurídica, e as reformas institucionais da parte I, a pesar de Poloña sobre a cuestión do voto á maioría cualificada.
Política liberal ante todo.
A maior parte dos puntos polémicos do defunto tratado constitucional sobreviven. Como as percibidas pola esquerda como demasiado liberais. A partee III era ante todo unha fusión dos tratados precedentes (Roma, Maastricht, Amsterdam, Niza) aos que a constitución tiña que substituír;co tratado simplificado, estes tratados quedan en vigor. A independenza do Banco Central Europeo e a prioridade de acordar a loita contra a inflación en detrimento do emprego, O encadramento estricto das finanzas públicas via o pacto de estabilidade, A redución das axudas públicas e ás participacións dos estados, A orientación do libremercado da política comercial da UE, todo isto se mantén. A Comision gaña o dereito de sancionar aos países que teñan un déficit superior ao 3% do PIB, cando antes era competencia de cada estado.
Competencia, falsa victoria.
Vendeuse como victora a supresión do concepto de « libre competencia », que desaparece dos obxectivos da Unión, e a aparición do deber de « protección » da UE vis-à-vis dos cidadáns. numerosos diplomáticos, advertiron que estas modificacións menores tiñan poucas posibilidades de « reorientar » a filosofía económica da UE como quixeran facer crer algún lider político como le petit Sarkozy : a referencia á « libre competencia » queda realmente presente nomeada unha ducia de veces no mini tratado. E o presidente da Comisión, José Barroso, dixo que era ilusorio pensar « volver cara atráis nas políticas que non vaian en sintonia coas contemporáneas ».
A carta dos dereitos fundamentais.
A sorte da carta dos dereitos fundamentais é máis ambigüa. O texto non está incluído neste futuro mini tratado liberal. Non cambiará nada en canto aos dereitos dos traballadores na maior parte dos estados membros. O único país onde o texto pode modificar un pouco as condicións dos asalariados é no Reino Unido, sobre a cuestión do dereito de folga, pero Londres obtivo unha prórroga: A carta non poderá ser utilzada polos sindicatos británicos diante da corte de xustiza europea. Poloña tamén conseguíu que a carta non afecte ás lexislacións nacionais sobre familia, para poder conservar o seu dereito que é dos máis conservadores de Europa na materia. Será disto que falaba Rajoy cando di que foi Poloña quen defendeu os intereses de España.
Fiscalidade.
As reformas institucionais. Mantiveronse as partes de maior consenso exsitente na constitución, a elección dun presidente estábel para a UE, no lugar dos presidentes rotativos, e o sistema de voto a dobre maioría cualificada. Nembargantes, unha decisión será aceptada polo 55% dos estados representando o 65% da poboación da UE. Para conseguir o apoio de Poloña que quería preservar o sistema do tratado de Niza que lle era máis favorábel, a medida non será aplicábel antes do 2014. En canto ao Reino Unido benefíciase dun aprazamento a cooperación xudicial, e será libre de someterse ou non ás decisións tomadas pola maioría neste dominio. O tratado simplifica a situación fiscal de tal xeito que condena por adiantado todo proxecto de harmonización a nivel europeo. O dumping fiscal, causa de numerosas deslocalizacións, ten un futuro prometedor.
Posto por MacLpafer.

Chúzao
del.icio.us



Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario