Palestina segunda parte
ofalarnontencancelas @ 16:11

Xa hai moitas voces que din que é incontestábel que Israel é o responsábel da situación actual de Palestina. Para comprender este tipo de afirmacións temos que facer memoria, lembrando como os gobernos fixeron todo o posíbel para destruír a Autoridade Palestina ao longo destes últimos anos. Lebrar como fixeron todo o posíbel para paralizar e aplastar ao presidente Yasser Arafat que era o único líder capábel de federar aos Palestinos. Como Israel destruíu as institucións nacionais, os postos da policía e as forzas de seguridade, os ministerios, sen perguntarse que consecuencias tería todo isto. Agora hoxe os gobernantes hebreos fanse os surprendidos porque Hamas conquerira o poder. Tantas pestes botadas a Arafat, e agora bótanno de menos.
A todo o anterior podémoslle sumar outros dous enormes erros: A paralización da transferencias dos fondos á Autoridade Nacional e o embargo económico dos EE.UU e Europa. Isto deixou a Hamas, elexido democraticamente, sen posibilidade de gobernar. Houbera sido máis intelixente respectar o goberno e colaborar con el para evitar brotes de violencia.
Ademáis Israel leva ao cabo unha política inhumana, Palestinos encerrados en Gaza como nunca estiveron con anterioridade, establecedendo un estado brutal de desesperación. Cando encerran á xente sen porto, sen aeroporto, nin ningunha apertura económica, sen recursos, so podes obter unha cousa: VIOLENCIA. E agora, cada un se lamenta da situación obtida, pero isto non é surprendente se temos en conta todos os factores que se espuxeron neste posto.
Asistimos agora a un sostén frenético do mondo occidental ao presidente Mahmoud Abbas. Porque non o fixeron antes? Por qué agora?
Estamos agora nunha situación dramática de ter dúas entidades palestinas distintas na zona de Gaza e en Csixordania. Pero esta situación non é so negativa para os Palestinos, tamén o vai a ser para os Israelitas.
Se o goberno de Israel quer verdadeiramente axudar, non basta coas verbas. Ten que desbloquear os fondos, liberar presos. Abrir os check-points a Cisxordania para a libre circulación de persoas.
Na zona de Gaza, goste ou non, é Hamas quen controla a situación e foi escollido democráticamente, goste ou non, sería desexábel que o goberno de Israel inicie un diálogo co partido no poder. Isto podería axudar a estabilizar a zona. Intentar voltar a unha situación o máis parecido posíbel á normalidade, intentando desbloquear o encerro de Gaza para paulatinamente permitir aos seus obreiros traballar e mellorar as condicións de vida dos seus cidadáns para que acaden estabilidade. O que teñen que ter claro os Israelitas é que a estabilidade dos Palestinos implica estabilidade para eles.
Posto por MacLapfer.

Chúzao
del.icio.us



Comentarios(2) »
O problema cos Israelis (o polo menos co que eu tratei) non é soio o seu enorme orgullo, se non o seu adoctrinamento sectario, aquelo e deles por deus llo dou e ata que o teñan todo non van parar, estea que estea, se o palestino fose un pobo sristian na sua maioria, avialles costar máis, pero tamen o lwebarian o cabo, o que pasa cos gobernos occidentais é medo, medo os xudeos que manexan a meirande parte dos cartos do mundo...e os carto, o cabo son os que mandan non si? magoa :(
Interesante entrevista hoxe na Vanguardia con John Esposito, islamólogo americano antigo asesor de Clinton. Entre outras cousas di que Hamas da medo porque non é sobornable, que está prestando servicios sociais inexistentes en Palestina e que Occidente prefire apoiar autócratas corruptos e impopulares porque os poden manipular con facilidade.
Mentras isto siga así difícil ver una solución posible
Deixar un Comentario