
As decisións do presidente Abbas de illar Gaza axudan a saír da crise?
O feito de gobernar a golpe de decreto amosa que estas decisións se tomaron baixo as presións exteriores, principalmente americanas, pero con pouco apoio interior.
Hamas soubo aproveitarse da febleza de Abbas, da súa falta de disciplina nas forzas de seguridade onde moitos dos seus xefes tiñan moi mala reputación con acusacións de corrupción.
O feito de negarse a todo diálogo con Hamas e de illar a Gaza no illamento total pódeselle voltar en contra e consolidar o poder a Hamas.
Cal é a estratexia de Hamas?
Hamas non é unha organización homoxénea. Existen dúas correntes principais, unha dura e outra moderada. Seguiron a vía moderada pensando que era un bo momento para entrar no proceso político e as lexislativas lles deron o poder. Continuaron con esta vía, aceptando mesmo no goberno de unión nacional ceder tres postos chaves, entre eles interior. A cambio non recibiron nada, nin un mero alivio económico.
Como a liña moderada non obtivo nada, colleu o relevo a liña dura cos resultados que xa coñecemos. Pero hai unha cousa que non se nos debe esquecer, que foron escollidos democráticamente, e o primeiro ministro Ismaïl Haniyeh, segue a representar a liña moderada de Hamas, que sempre apelou ao diálogo.
Que garantías vai ter Abbas de que occidente non os vai deixar tirados unha vez máis?
Non comprenderon aínda que occidente nunca fixo nada por eles. Sempre hai moitas promesas que non se cumpriron.
Se Al Fatah non aparta aos cadros acusados de corrupción e de colaboración cos Israelitas, e non renova a súa organización con novas cabezas visíbeis (cousa que tiña que facer xa hai moito tempo), lle pode custar a súa desaparción. A curto prazo pode gañar algún punto porque a xente está nunha situación económica deplorábel(e calquer axuda hipócrita puntual sempre é ben recibida) pero a longo prazo isto non vai funcionar porque occidente non se vai mollar co estado Palestino.
Posto por MacLapfer.

Chúzao
del.icio.us



Comentarios(4) »
Eu non entendo nada. So sei que antes matábanos os xudeos e agora mátanse uns ós outros.
Xa desistín de comprender.
Para min que iso non ten remedio.
Sobre todo porque ós que de verdade poden solucionalo, non lles interesa nadiña.
Dijo eu. ¿Ou non?
E traxico e triste...pero tes toda a razón do mundo :(
A solución existiría se tivesemos unha Europa Valente, sen complexos e independente que non lle teña nin medo aos EEUU, nin a ser tachados de antisemita cada vez que fagamos algo que non lles gosta aos hebreos.
Non creo, maclapfer, non o creo. Sen os ianquis dame a min que non hai nada que facer. A non ser que Europa tivese o mesmo podería, tamén militar.
Eó mellor, entón, o remedio sería peor que a enfermidade.
¡Que sei eu! Ó mellor ata tes razón e todo...
Deixar un Comentario