
En China, posíbel relevo do imperio, varias ducias de escravos menores de idade son explotados e golpeados a morte nunha fábrica de ladrillos. Foron liberados estas últimas semanas pola policía da provincia de Shanxi.
O peor de todo, é que era o fillo do secretario do Partido Comunista do pobo que explotaba a fábrica dende hai anos.
Dos menores liberados, oito estaban amnésicos, os outros aterrorizados, descalzos e cobertos de roña de non lavarse nun tempo indefinido, e sen lles curtar o pelo dende había máis dun ano. Algúns estaban queimados. No último inverno un deles morreu a golpe de martelo por parte dun vixiante por non facer o traballo a velocidade esixida.
A maioría destes traballadores proveñen de provincias lonxanas recrutados a primeiros do 2006 ao redor das estacións.
O traballo empezaba cedo, de 5 da mañá ata as 13 horas. Vixiados por gardians e cans, non podían saír, alimentados de pan ao vapor e sen soldo. Estaban encerrados pola noite e durmían no chan.
O propietario da fábrica, que foi arrestado, explicou que pagaba 36 euros por 100.000 ladrillos ao director e vendía os lotes dez veces máis caros. Os habitantes do pobo, todos ao corrente da situación, contaron que a fábrica houbese fechado dende hai tempo se non fose por pertencer ao xefe do PC.
Varias fábricas clandestinas foron fechadas nestas últimas semanas na mesma provincia.
Que nos deixen de caralladas prostituíndo a verba "democracia" dende occidente, para usala de disculpa para envadir países soberanos e que miren a China, que hai moito que rascar.
Posto por MacLapfer.

Chúzao
del.icio.us



Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario