Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

LABORATORIOS FARMACEUTICOS

ofalarnontencancelas @ 15:08 Tags:

 

 images19.jpg

O goberno de Nixeria reclama sete millóns de dólares por prexuízos ao grupo farmacéutico norteamericano PFIZER por ensaios dun medicamento que deron lugar á morte de diversos nenos.

Estes ensaios foron realizados no ano 96 no estado de Kano (norte de Nixeria) sen o acordo das autoridades de dito país. Unha iniciativa amparada baixo a suposta acción humanitaria para erradicar unha epidemia de menenxite e rubeola.

O goberno de Nixeria indica que 200 nenos que tomaron o medicamento sufriron diversas afeccións de xordeira, parálise, dificultades na fala, lesións cerebrais.... e  11 nenos morreron.

Todo empezou porque no 96 neste estado houbo unha epidemia de menenxite bacteriana, rubeola e cólera onde o hospital de enfermidades infecciosas xuntando esforzos co goberno federal de Nixeria intentaban erradicar. No medio desta situación PFIZER propuxo un arranxo a dita situación en forma de axuda humanitaria que lle permitise de xeito encuberto utilizar os nenos como cobaia testando medicamentos(segundo o goberno Nixeriano).

En fin para isto si que nos vale a cidadanía Africana ao primeiro mundo.

 

Posto por MacLapfer. 

Chúzao | del.icio.us

Comentarios(6) »

#1

Desgraciadamente ao final o cine non está tan lonxe da realidade, refírome ao filme O xardineiro fiel.

#2

Si é certo ( que non dou unha chica pola compañia ) deverian pechala e meter os responsables no carcere..e logo ben BUsh dando lección de democracia
:(

#3

Por desgraza a realidade supera á ficción porque non nos din nin a metade do que pasa neste mundo.
É máis doado meter no cárcere aos que protestan contra o G8 que aos directivos dunha multinacional farmacéutica.

#4

Nos toman como "Conejillos de indias" este puñeteros fillos de p. das multinacionais, o os que tiñan que estar para defender ao pobo como son os policías, xuíces para iso lle pagamos, ao final tamén temos que defendernos deles, é un sarcásmo.

#5

Veñen malos tempos para o humanismo democrático

#6

Este post, e o seguinte, ambos verdadeiramente dramáticos, demostran, penso eu que sen ningunha dúbida, que este mundo é unha merda.

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>