
Sir Paco Vázquez, xa o dixo. Que non se pacte cos do BNG, mellor facer un pacto co PP. E Losada que é moi obediente, xa insinuou que ao mellor gobernaba en minoría con apoios puntuais co PP.
É lóxico, o PSOE xa perdeu parte do electorado nestas eleccións porque era un electorado "Vazquista", un electorado que se pode describir socioloxicamente como "Ultra conservador", "Nacionalista Español", e por suposto "Fundamentalista Católico" mais propio "del movimiento" de toda a vida.
De todos os xeitos, espero que Touriño, poña en vereda ao Sr Losada, porque se non valen os do BNG para pactar na Coruña, creo que non debíamos valer para pactar en ningures. O hai pacto de progreso en todas partes, ou aquí temos que romper os cacharros en todos os concellos e se me apuras tamén na Xunta.
Os militantes, simpatizantes e votantes do BNG temos dereito a que se nos garde un mínimo de respecto, non somos de usar e tirar para que rendibilice sempre o PSOE o traballo e o bo facer de parte dos nosos representantes e dirixentes, é hora da facerlle saber ao PSOE que fomos moi xenerosos, pero que a nosa paciencia pode chegar ao seu fin e que queremos que se nos trate cun mínimo de dignidade.
Touriño pon orde na casa!!!
Posto por MacLapfer.

Chúzao
del.icio.us



Comentarios(5) »
De poñer orde tiña que terse feito hai ben tempo, porque o PSOE da Coruña é peor que calquera outro PSOE, que xa manda carallo...
Nunca é tarde se hai vontade, o problema é iso a vontade.
Destes do PSOE algúns sabemos como actuan, unha de cal e outra de area, e cando practican o "vampirismo", ou sexa o de roubarlle o traballo feito aos demais son a hostia, sempre se apuntan os tantos dos outros, en iso son uns técnicos en esta materia.
Os militantes, simpatizantes e votantes do Bloque merecedes todo o respecto, como non podía ser doutro xeito.
Polo tanto que o PSOE obre en consecuencia e que Touriño poña orde na casa.
De acordo.
Así que a consensuar, a negociar, a ceder todos un pouquiño. Nunha palabra, a facer política. Xa.
Persoalmente penso que a situación é mellor que se houbese maiorías absolutas do PSOE (por exemplo en Coruña).
Pero non podemos permitirnos o luxo de fallar.
Dijo eu.
Certo sempre é mellor as coalicións, a pena é que o parlamento galego non teña mais representación tanto á esquerda como na dereita. Sería máis enriquecedor. Estou dacordo non podemos fallar.
Deixar un Comentario