Coma sempre todos gañaron! Somos un país de gañadores, non hai perdedores. Nin o soño americano vamos!. Pero iso debe de estar no decálogo dos políticos, ver sempre o vaso medio cheo, transmitir optimismo e seguridade.
En canto ao BNG, foi unha xornada dende o meu punto de vista, agridoce, doce porque teñen máis presenza no rural e vilas pequenas (quitando casos coma o de Viveiro), e iso é moi importante para o BNG, que tradicionalmente se alimentaba dos votos urbanos. Incluso temos varios casos de maioría absoluta á marxe da histórica Allariz. (Véxase Monforte).
A parte negativa, o urbano, os resultados de Ferrol, Vigo, e non digamos Pontevedra foron dende o meu punto de vista, salvando distancias entre elas, bastante vergoñentos.
Ferrol, pola dificultade que entraña compaxinar ser unha opción de goberno con ser unha organización de base, volcada nos valores da participación cidadá e do desenvolvemento sostíbel.
Pontevedra, que pasa con Pontevedra? que elección tras elección Lores vai perdendo votos. Que xa na segunda lexislatura tiña que oír queixas da súa xestión no ámbito social. Que moita recuperación do casco histórico, pero que os temas sociais non estaban moi atendidos. Canto haberá de certo nisto? Non creo que todo se deba a non saber comunicar á cidadanía os grandes logros feitos na cidade.
Vigo, que vou a dicer de Vigo, que non se saiba xa. O único que espero para o ben da súa cidadanía, é que sexa desta! porque parece que esta vila leva instalado nun "by pass" eterno
En canto a Coruña, Lugo, Ourense e Santiago, máis debido a perda de maiorías absolutas que a méritos propios mantivéronse resultados dignos.
En consecuencia teño unha pequena sensación de que existe un pequeno estancamento do BNG que pode ter unha lectura positiva ou negativa dependendo de como se queira ler, positiva porque parece que tocamos fondo que non baixamos dunha determinada porcentaxe de voto. Negativa, cústanos medrar, incluso tendo responsabilidades de goberno na Xunta.
Finalmente,dicer que o electorado lle deu outra oportunidade ao BNG, para que faga visíbel dunha vez por todas un cambio, un cambio real, dende as áreas de xestión que están nas súas mans. Un cambio que diferencie con claridade as políticas sociais, ecolóxicas e democráticas que lle son propias e que tanto defendimos no pasado e evitar que se lle perciba como unha continuidade de "mais do mesmo".
Posto por MacLapfer.

Chúzao
del.icio.us



Comentarios(2) »
Polo que atinxe a Ferrol, a verdade é que a actitude do Bloque foi moi errática. O asunto da Planta de REGANOSA (o outro día, na manifestación, abuchearon a Beiras) pasoulle factura.
Tampouco se luciron aló moito na Praza de España, que quedou feita unha desfeita...
Está ben sabelo. Pois estas cousas son as que temos que evitar.
Deixar un Comentario