Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A campaña das municipais 2007

ofalarnontencancelas @ 16:47 Tags:

 

 images16.jpg

Dende o meu punto de vista estivo bastante contaminada coa cuestión Vasca.Tema listas e demáis. Un culebrón xurídico que foi o filón argumentario do Partido Popular, que ao longo da campaña, unha vez máis, utiliza a ameaza do terrorismo de ETA para desacreditar o goberno. Mariano Rajoy chegou a dicir que o executivo fortalecera á organización separatista. Esta diarrea verbal tranformouse na estratexia predilecta da dereita Española. Denunciando o espectro do terrorismo, aforrou presentar a súa xestión municipal e autonómica, pouco relucintes en materia de política social.

A reforma sobre a legalidade e a violencia doméstica, as vodas gays ou a regularización masiva de sen papeis foron os principais cambios avalados polo partido socialista obrero español. Os únicos dos que poden vanagloriarse. E, unha vez máis, as propostas en materia de política social foron as grandes ausencias nesta campaña polos dous grandes partidos.

Non esquezamos que o traballo precario segue a ser a norma no Estado Español, que o acceso a vivenda e catastrófico, e que aínda que as cifras macro económicas parecen positivas estan sustentadas nunha economía moi feble como é o sector inmobiliario.

Unha triste estatística que comparten os dous principais partidos do Estado que despois de alternar 25 anos no poder seguen o ritmo das políticas liberais.

 

Posto por MacLafer.

Chúzao | del.icio.us

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>